A TVG ignora unha protesta con máis de 5.000 persoas na Costa da Morte

A TVG decidiu non emitir nin un segundo da importante manifestación que o pasado sábado percorreu Baio e que foi apoiada por 12 concellos e 22 asociacións.

Por Galicia Confidencial | Zas | 03/05/2011 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia decidiu o pasado sábado non emitir nin un só segundo, nin nos informativos de Galicia, nin nas desconexións locais, sobre a protesta que congregou a máis de 5.000 persoas que demandan a instalación en Zas dunha planta da Inspección Técnica de Veículos (ITV) que a Xunta está retrasando.

A esta manifestación, apoiada por 12 concellos e 22 asociacións, tamén acudiron concelleiros do PP. Pero nin iso serviu para que os medios públicos se fixeran eco da noticia.  O voceiro da manifestación mesmo resaltou esta situación na lectura do comunicado que leu ó final da marcha, "unha televisión pública que pagamos todos e que nin se dignou a aparecer", sinalou.

O presentador e coñecido profesor na Facultade de Físicas, Jorge Mira, foi o encargado de ler o pregón dunha marcha que foi organizada pola Asociación do Automóbil de Baio e a Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte.  Foron eles quen instaron á Neria e á FECOM a levala ata o final.

None


Falta de respeto

Segundo apunta o xornal colaborador quepasanacosta, foi a propia Xunta, e concretamente o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, o causante de todo esta revolta. Unha situación que estoupou na última reunión cos 20 alcaldes e empresarios da comarca e na que o deputado ninguneo á expedición costeira. "Un trato que os nosos políticos, mesmo os de cor azul, consideraron unha falta de respeto á Costa da Morte", apunta Ubaldo Cerqueiro.

E como a manifestación ía máis aló das cores políticas, encabezaron a manifestación os alcaldes de Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Laxe, Malpica, Muxía, Zas e Santa Comba, a meirande parte deles do PSOE e do BNG. Tan só Carmen Borbujo, candidata en Vimianzo, acudiu polo bando popular.

Unha voz común

Unha vez máis, e logo da catástrofe do 'Prestige', a Costa da Morte uniuse cunha voz común. A foto de todos os alcalde unidos, e de que a protesta comezara en Vimianzo en rematara en Zas demostra que esta manifestación é un novo intento de vertebrar a Costa da Morte.

A frase máis coreada: “Estamos ata o carallo. A ITV para Baio”.


A Xunta volve culpar ao Concello


E mentres se celebraba a manifestación, a Xunta enviou unha nota de prensa na que volve incidir en que a é do Concello. A Xunta denuncia que “o polígono do Allo non está en condicións de ser urbanizado” e afirma que “a futura ITV que se ubicará en Zas será unha realidade cando estén rematadas todas as obras de acondicionamento do polígono municipal e que corresponden ao Concello”.

nha acusación que nega o alcalde de Zas que asegura que está listo para que a Xunta dea a aprobación definitiva, e sen necesidade de aportar fondos.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

2 o padriño

Queredes que vos tratemos ben na costa da morte, e logo non sodes agradecidos e votades ó PSOE, ou inda peor , ó BNG.. o BNG é o cancro da costa da morte, xa goberna en Carballo, en Zas, en Corcubión... e xa se sabe, contra o cancro, hai que cortar polo san...

1 ¿como??

hai que ter.... para escribir un comentario deste tipo e con esas palabras. Hai que saber respetar a democracia, cada un que vote e bote a quen lle dea a gana. E hai que saber aceptalo. Se todos pensásemos o mesmo...como iría isto....

2 suevia

Non sei se ese comentario era en serio,a verdade é que da un pouco de medo con ese nik jaja quizais é un dos matóns do PP!jeje mais se é asi só dicirche que moitos cidadáns estabamos fartos do caciquismo pepeiro polo que moitos seguiremos a non ser agradecidos... até nunca e forza BNG!saúdos dende Carballo

1 En fin...

Que grande labor desinformativa fai a TVG..