Denuncian a situación límite nos xulgados de Vilagarcía

O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia “a grave situación dos arquivos xudiciais” nos xulgados aurousáns.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía | 10/09/2018 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

A última denuncia do sindicato foi en abril de 2017 e quería chamar a atención sobre o abandono no que din, están os xulgados en Vilagarcía de Arousa. “Levamos anos denunciando a falta de atención da Xunta de Galicia das súas competencias neste tema”. Desde a formación sindical apuntan que os arquivos están a piques de colapsar ademais de “en moitos deles incúmprese a normativa de prevención de riscos laborais” coa consencuente situación de risco para a “saúde dos traballadores e cidadáns que acoden a diario”.

Material acumulado nos calabozos do Xulgado de Vilagarcía
Material acumulado nos calabozos do Xulgado de Vilagarcía | Fonte: Alternativas na Xustiza

Nunha inspección feita por Alternativas na Xustiza-CUT a mediados de agosto “atopamos expedientes acumulados nos corredores e lugares de paso, na sala de computadores, nas celas dos presos e mesmo no garaxe”. Tamén denuncian que nas escaleiras do xulgado están as pezas de convicción ademais doutras áreas como salas de computadores e “mesmo hai pistolas de fogueo sen ningún tipo de referencia”. Esta situación vulnera, segundo o sindicato, a proteción de datos e a seguridade.

Toda a documentación debera estar custodiada por persoal xudicial e en instalacións para o caso. Por outra parte, Alternativas denuncia que o Xulgado Nº1 de Vilagarcía “víronse obrigados a facer transferencias informáticas dos expedientes para deixar espazo para o novo arquivo”. Desde o sindicato de xustiza piden que a Xunta de Galicia tome as medidas necesarias en canto cumprimento de almacenamento de documentación e riscos laborais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta