Galiza Nova arremete contra o PP por “querer decretar o estado de sitio” en Melide por unha exposición do Exército español

As mocidades do BNG critican que se enviara á Policía Local a retirarlles unha pancarta.

Por Galicia Confidencial | Melide | 13/09/2018 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Galiza Nova, mocidades do BNG, veñen de realizar unha campaña en contra dunha exposición inaugurada na Casa da Cultura de Melide sobre o Exérctio español. Un feito que para os  nacionalistas supón que o PP –que ten a alcaldía do concello-- “quere decretar o estado de sitio” por tenta reprimir as súas críticas.

Representantes de Galiza Nova en Melide protestando contra unha exposición do Exército español
Representantes de Galiza Nova en Melide protestando contra unha exposición do Exército español | Fonte: Galiza Nova

“Nós sempre defendemos e defenderemos o antimilitarismo, o desarme, a cultura de paz, o internacionalismo e o antiimperialismo, valores todos eles que non promove o exército español, quen participou e segue a participar de guerras imperialistas das que son vítimas moitas persoas ao longo de todo o mundo”, sinalou Brais Varela, un dos voceiros de Galiza Nova en Melide.

“Desde Galiza Nova non podemos máis que amosar a nosa repulsa a este tipo de propaganda belicista e que esta ocupe espazos públicos que sen dúbida deberan ter un mellor uso no noso Concello” indicou Alberte López, outro dos voceiros de Galiza Nova en Melide.

Ademais, as mocidades do BNG denunciaron que polo simple feito de estar diante dun espazo público como é a Casa da cultura manifestando a súa opinión, recibiron o apercibimento primeiro dunha persoa que dixo ser funcionaria do Concello e despois da Policía Local, “que retirou a pancarta”. Por iso, denunciou que o PP "non tolera a liberdade de expresión e que semella querer decretar en Melide un estado de sitio” concluíron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jose manuel

Antimilitaristas, da pra rirse un anaco, algún pais do mundo, non ten exercito, si Galiza fose un pais. Non teria exército? A UME non apaga os lumes que prenden os galegos no monte? Os miles de galegos que traballan no exército español, van as guerras ou van vaixo vixilancia da ONU? Se fose exército galego calabades a boca? Imperialistas? En que mundo vivides. Como votante do BNG estas burradas danme noxo, asi queredes facer pais? Con estas merdas, pensades que se vai pra diante, facede política construtiva, e deixadevos de parvadas