O BNG preguntará en Europa pola venda de armas de España a Arabia Saudita

En Iemen o uso de bombas occidentais provocou máis de 10.000 civís mortos e case 9 millóns de persoas en situación de miseria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2018 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, preguntou á Comisión Europea pola venda de 400 bombas de precisión láser de España a Arabia Saudita e reclamou que se garanta que as exportacións non poidan ser empregadas para cometer violacións dos dereitos humanos.

Ana Miranda en el pleno del Parlamento Europeo. BNG - Archivo
Ana Miranda en el pleno del Parlamento Europeo. BNG - Archivo | Fonte: Europa Press

Miranda, que dirixiu a súa pregunta escrita á Alta Representante da UE para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e vicepresidenta da Comisión, Federica Mogherini, fixo referencia ao atentado perpetrado en Iemen en agosto, no que faleceron ducias de nenos e que foi reivindicado por Arabia Saudita, reclamando ao Estado español que "non sexa cómplice desas terribles matanzas"

A eurodeputada nacionalista lembra que España asinou o 'Tratado sobre o comercio de armas' que esixe unha exportación responsable de armamento e que non se utilice para cometer violacións ao dereito internacional. Por isto, sinala que un dos supostos baixo os que a venda de armas estaría prohibida é que se constate que poden empregarse en ataques dirixidos contra civís ou bens de carácter civil.

Segundo os datos manexados polas organizacións de defensa dos dereitos humanos, en Iemen o uso de bombas occidentais provocou máis de 10.000 civís mortos e case 9 millóns de persoas en situación de miseria.

Por iso, móstrase crítica co ministro de Asuntos Exteriores de España, Josep Borrell, que asegurou que "as armas de precisión non crean efectos colaterais" e que, por tanto, non atopa razóns para paralizar a venda.

"É inxustificable e rexeitable a complicidade de moitos Estados europeos que seguen exportando armas aos sauditas", reprochou Miranda, que defende que Europa investigue e aclare se as exportacións a Arabia Saudita foron empregadas contra a poboación en Iemen. Reclama, ademais, garantías de que isto non suceda e coñecer cantos estados europeos venden armas a este país.

"Desde o BNG defendemos unha política e unhas relacións internacionais baseadas na paz e na solidariedade cos pobos e a xente que se atopa en situación de pobreza", subliñou Ana Miranda, que sostén que resulta preciso que a UE defina e poña en práctica unha política internacional propia, con papel de mediadora nos conflitos e con freo á política militarista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Vijo

Anita: cando vaias a Ferrol dislle aos traballadores de Navantia que construír buques de guerra está moi mal, que é ser responsable de mortes inocentes. Logo ensínaslles a túa nómina e recoñeces que viaxas en Business Class á conta de todos. Mellor leva casco e ten a man o teléfono co números das forzas policiais do estado español, esas que tantos asasinatos sufriron a mans dos que representan os teus compañeiros de asento.

1 Manel

A CIG de Navantia non dixo nada da venda de bombas e mesmo reclamou a construcción das corbetas