Controlado o incendio de Vilardevós logo de queimar 46 hectáreas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2018 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O incendio forestal iniciado na parroquia de Terroso, no municipio ourensán de Vilardevós, quedou controlado logo de queimar 46 hectáreas de monte raso.

Incendio
Incendio | Fonte: Miguel Núñez.

Diso informou este mércores a Consellería de Medio Rural nun comunicado, no que sinala que o lume, que comezou ás 20.31 horas do martes, quedou controlado ás 13.15 horas deste mércores.

Nas tarefas de extinción participaron desde o inicio do incendio un total de 14 brigadas, sete motobombas, tres axentes e unha pa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta