Un choque entre dous coches en Sandiás (Ourense) sáldase con tres feridos

Unha colisión entre dous coches rexistrada este venres en Sandiás (Ourense) saldouse con tres persoas feridas.

OURENSE | 21/09/2018 | Actualizada ás 20:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha colisión entre dous coches rexistrada este venres en Sandiás (Ourense) saldouse con tres persoas feridas.

Segundo informa o 112, unha das vítimas tivo que ser liberada polos bombeiros de Xinzo, que cortaron unha porta dun dos turismos accidentados para que a persona ferida puidese saír do vehículo.

O sinistro ocorreu na OU-531, á altura da parroquia de Couso de Limia, ao fío das 12,15 horas.

Foi o 061 o que alertou ao 112 Galicia do accidente. Acto seguido, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso aos bombeiros de Xinzo, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

Finalmente, as tres persoas feridas no accidente foron trasladadas a un centro médico polos efectivos sanitarios.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta