En Marea: "Galicia ten que xogar na mesma liga que Euskadi e Cataluña"

Os deputados de En Marea lembran que Galicia tamén é unha "nacionalidade histórica" e que, polo tanto, ten que ser tratada como tal no conxunto do Estado.

Por E.P. | Madrid | 02/10/2018 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Os deputados de En Marea cualificaron de satisfactoria a reunión que mantiveron este martes coa ministra de Política Territorial, Meritxell Batet, e sinalan que lle trasladaron a necesidade de encadrar a Galicia como nacionalidade histórica que "xoga na mesma liga que Cataluña ou Esukadi".

Xuntanza de deputados de En Marea coa ministra Meritxell Batet / remitida Xuntanza de deputados de En Marea coa ministra Meritxell Batet / remitida Reunión En Marea ministra Batet
Xuntanza de deputados de En Marea coa ministra Meritxell Batet / remitida Xuntanza de deputados de En Marea coa ministra Meritxell Batet / remitida Reunión En Marea ministra Batet

Ao termo da reunión no Ministerio de Política Territorial, a deputada de En Marea Yolanda Díaz sinalou que queren "operar nesa realidade" de nación, a pesar de que son conscientes de que, co goberno de Mariano Rajoy, retrocederon "1.000 anos en dereitos culturais, nacionais e lingüísticos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

4 grifon do vento

Isto non e serio.... señores... por favor!!!! que xa me estou botando as maos a cabeza, miren que estame a subir as pulsacions por minuto, a tensión xa non aguanta... e o sucre caeume todo o fondo do dedo gordo do pe (a falanxe distal)... menos mal que teño a troleada galega para recuperar o animo, que me ides matar de disgustos!

1 Bernal Calvo Delaciga

Antes tiñades a vicepresidencia da Xunta e varias conxellerías, as alcaldías de Vigo, Ferrol e vilas importantes, 3 deputados en España e 1 senador, 18 deputados no Hórreo, un eurodeputado a tempo completo en Bruxelas... agora tedes Troleada Bloqueira para vos consolar e desafogar traumas, fobias e frustracións. Como mellorou a cousa, grifon do vento!

2 comunista independentista

E todo grazas á labor "desinteresada" e "altruísta" dos rapazolos do IscaMGS, que se non, nin iso tiñan os coitados...

3 Per

Tarde piaches

1 comunista independentista

Tarde? Todo o contrario. Antes, co PP co-gobernando con Cs, non se podía facer nada. Agora que resta aínda media lexislatura, e hai un goberno ao que se pode presionar e condicionar, é o momento. Iso si, os que non poden 'piar' son os que non están... ;)

2 Domingos no IKEA

E para xogarmos en primeira división convertimos o Celta e o Depor no Ghetafe e no Rayo Vallecano.

1 Leike

Para xogar na mesma liga que Euskalherría ou Catalunya, o primeiro que hai que facer é autoorganizarse realmente e non depender de Madrid. Ulo o grupo galego propio no parlamento español? Os valenciáns déronlles unha lección a En Marea (sería "En Maré", non?)

1 Bloqueiro bloqueado

Duas cousiñas: 1) Para non depender de "Madrid" o primeiro que hai que facer é non empufarse coa banca española como fixo decote o que resta do BNG; a autoorganización tamén precisa autofinanciación. 2) En Marea non ten grupo propio vítima dunha cuestionábel decisión política da Mesa (PPciudadanosPSOE); e "os valenciáns" tampouco teñen grupo propio, están difuminados dentro do mixto.

2 Autoengano

De verdade que pensás que a culpa de non ter grupo parlamentar galego é de PPciudadanosPsoe? Ou estaste autoenganando? Menuda ocasión perdida, unha lástima. A realidade é que Galicia tiña moita máis presencia con dous deputados do Bloque que con 5 de Marea que na práctica non son diferentes aos deputados galegos do PP ou PSOE sen poder de decisión.

3 comunista independentista

Virxesantísima! Falas de 'autoengano' e logo soltas esta perla: "A realidade é que Galicia tiña moita máis presencia con dous deputados do Bloque que con 5 de Marea". Isto xa non é autoenganarse, o teu é vivir nos mundos de Yupi! A ver se vos queda claro: o voso idolatrado Bloque non fixo absolutamente NADA en 20 anos no Congreso, NADA. Por iso pasáchedes de 300 mil votos no 2000 aos 40 mil que sacades agora, entedendes? A ver se desta vai...

4 M. Monge

Falso, Cupletista Madrileño! O BNG apoiou a Zapatero, o que se agachou ante Alemaña e diante da mafia empresarial! O BNG apoiou mesmo a Magdalena Alvarez na moción de confianza, e fíxoo despois de rirse dos galegos! Outros logros non tivo, mais hai que ser xustos no conseguido! Igual que as Mareas de Podemos, que até hoxe, como méritos para Galiza e para os galegos van zero!!! Presumir do que careces, o grande logro dos asalariados do Bloque de dereitas e das Mareas de Podemos!!!