Activo un incendio con tres focos en Redondela

As autoridades locais explicaron que aínda que hai casas na contorna, ningunha está perto do lume.

Por E.P. | VIGO | 04/10/2018 | Actualizada ás 22:50

Comparte esta noticia

Efectivos de extinción traballan para sufocar un incendio forestal que permanece activo na parroquia de San Esteban de Negros, en Redondela, e que conta con tres focos.

Incendio en San Esteban, Redondela (Pontevedra). CEDIDA
Incendio en San Esteban, Redondela (Pontevedra). CEDIDA | Fonte: Europa Press

Segundo informaron fontes de Medio Rural, o incendio declarouse sobre as 21.00 horas deste xoves, e afecta a varios puntos de San Esteban. Até alí desprazáronse 2 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas e unha pa, así como efectivos do Grumir de Redondela, bombeiros comarcais, Policía Local de Redondela e Policía Nacional.

O concelleiro de Seguridade de Redondela, Arturo González, explicou que os efectivos de extinción están a traballar para controlar as chamas e que, aínda que hai casas "na contorna", ningunha está preto do lume nin corre risco.

"Por sorte, non hai vento", indicou, e sinalou, con respecto á posible orixe do incendio que, "aínda que é cedo para sabelo", ao incendiarse varios focos simultáneos, "todo apunta a algo raro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta