Gómez-Reino apela a reforzar os círculos locais para "construír" un Podemos Galicia "pensado desde e para o país"

O deputado presenta oficialmente a súa candidatura nun acto na Illa e chama a reforzar as bases para acabar coa súa "soidade"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2018 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O candidato a liderar Podemos Galicia Antón Gómez-Reino apelou a reforzar os círculos locais da organización para, desde "as bases", "construír" un partido "pensado desde e para o país" que teña "un horizonte definido" e se converta na "ferramenta fundamental do cambio en Galicia".

Candidatura de Antón Gómez-Reino para liderar Podemos Galicia. +PODEMOS
Candidatura de Antón Gómez-Reino para liderar Podemos Galicia. +PODEMOS | Fonte: Europa Press

A presentación oficial de '+Podemos', a candidatura do deputado de En Marea, tivo lugar na mañá deste sábado no porto de Xufre da Illa de Arousa (Pontevedra), onde Gómez-Reino estivo arroupado polas persoas que o acompañan no proceso interno que concluirá o próximo 25 de outubro coa elección dos novos órganos directivos de Podemos Galicia.

"A idea é tratar de construír un espazo que aúne diferentes sensibilidades, con xente das bases que constrúe día a día a organización", remarcou, en declaracións aos medios, Antón Gómez-Reino, que mostrou a súa "satisfacción" polo "espazo" que se está xerando ao redor do seu proxecto.

Nesta liña, incidiu en que "o fundamental" é facer que Podemos Galicia sexa unha organización "unida, forte e que teña un horizonte definido" para que "sexa a ferramenta fundamental" do espazo "do cambio".

ACORDO PSOE-PODEMOS

O parlamentario no Congreso puxo o foco no acordo subscrito o pasado venres polo Grupo Confederal de Unidos Podemos (no que se integran os deputados de En Marea) co Goberno de Pedro Sánchez para a aprobación dos orzamentos.

Para o de Podemos, o acordo "pon claramente" de relevo que os parlamentarios de En Marea son "útiles nas institucións" porque o pacto establece medidas que "van mellorar a vida dos galegos, como as pensións, o salario mínimo, a dependencia ou a titularidade compartida no mundo agrario".

SECRETARÍA DE CÍRCULOS

As número dous e tres da candidatura --Verónica Hermida e Isabel Faraldo, respectivamente-- compareceu ante os medios xunto á cabeza de lista. Así, Hermida avanzou que '+Podemos' pretende crear unha Secretaría de Círculos dentro da executiva que "acompañe" o traballo das bases do partido.

E é que, en palabras de Verónica Hermida, a dirección saínte que encabezaba Carmen Santos e que apoia a candidatura de Carolina Bescansa deixou en "soidade" aos círculos locais, unha situación que Gómez-Reino pretende corrixir porque entenden que existe "unha demanda" e que precisamente foron "as bases" as que forzaron "a convocatoria da Asemblea Cidadá".

"Deles (os círculos) partiu a convocatoria de Asemblea Cidadá e queremos potencia iso, porque é a forza de Podemos Galicia", remarcou Isabel Faraldo, número dous na candidatura '+Podemos' ao Consello Cidadán Autonómico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Faraldo

Buitrón o canciño faldeiro de Paco Vázquez e Losada, apoia a candidatura de Toné

4 Próculo

E vaille quedra tempo para iso entre a práctica do esquí en Italia, o Congreso dos Deputados e seica a súa aspiración de Eurodeputado?

3 Gamela

Hai cousas raras nesta candidatura... https://ac3-galicia.podemos.info/ca... afirma o seguinte: "vexo con tristura como na miña cidade, Vigo, a organización vibrante que eramos hai apenas tres anos quedou reducida a un só círculo barrial no que apenas participan unha ducia de persoas" E quen tivo a culpa de esta desfeita? A ver se a xente se desinfla sen máis... así porque sí... Menos Lobos Caperucita!

2 Balnearios nos Alpes

Que circulos locais?

1 Gamela

O falar non ten cancelas... Se quixeran verdadeiramente potenciar os Círculos xa o terían feito! (Vigo segue ORFO!) Pero algúns tiñan outras prioridades durante estes anos no Congreso e no Senado...! https://i.gal/gamela03

1 lóstrego

Suspiras por podemos como se foran a lámpada de Aladino