Dous membros da Comisión de Garantías defenden o ditamen que pide á Secretaría de Organización estatal que audite as votacións.
  comenta   0
"É un momento extraño para que saia isto", di ao descartar realizar ningunha auditoría sobre os resultados que o levaron a liderar o partido.
  comenta   0
O sector de Podemos, Eu e Anova presume do espectacular crecemento do censo que xogaría ao seu favor e incide na “pluralidade” do seu modelo. O de Villares e as mareas municipalistas destaca a importancia de poñer o aceno no aspecto ideolóxico e nas esencias de En Marea, que se fundou sen a tutelaxe dos partidos políticos e cun perfil marcadamente galego.
  comenta   13
Ao igual que fixeron antes EU, Compostela Aberta, Ferrol en Común e a Marea Atlántica, recomendalle a Villares que "reflexione" tras perder a asemblea da pasada semana e pide facer "autocrítica" e "falar máis dos problemas dos galegos".
  comenta   5
"É un bo día para Podemos, pero sobre todo para Galicia", di o deputado, que cre que comeza "a conta atrás" de Feijóo na Xunta.
  comenta   0
A cofundadora de Podemos resulta derrotada nas primarias ao lograr o 45% dos votos polo 55% do deputado de En Marea.
  comenta   0
Bescansa felicita a Gómez-Reino e non aclara o seu futuro, que será estudado de maneira "colectiva" co seu equipo. Fontes das dúas candidaturas confirman os resultados das primarias da formación en Galicia.
  comenta   4
Un total de 3.172 inscritos votaron nas primarias para elixir novos órganos de dirección de Podemos Galicia, que anunciará na tarde deste xoves os resultados dun proceso no que os deputados no Congreso Antón Gómez-Reino e Carolina Bescansa optan a facerse coa Secretaría Xeral da formación.
  comenta   1
A candidata para a secretaría xeral de Podemos Galicia ve necesario colocar o partido no centro de todos os pactos para botar ao PP de alcaldías e da Xunta. Mais o obxectivo para Bescansa é traballar para mellorar as condicións de vida das persoas. Con todo, tampouco esquece que hai unha realidade propia que Podemos Galicia defende desde o Congreso.
  comenta   7
Antón Gómez-Reino (A Coruña) aspira á secretaría xeral de Podemos Galicia para unhas primarias que definirán as posturas de Podemos Galicia de cara ás municipais de 2019 e posiblemente ás autonómicas. Nesta entrevista considera vital que Podemos Galicia ocupe o primeiro lugar dentro da esquerda galega e aposta por buscar alianzas "para gañar convocatorias electorais". Tamén alerta dos "poderes económicos e mediaticos" que queren "afundir" os proxectos do cambio en Galicia.
  comenta   3
Propón un "marco normativo que protexa aos denunciantes" e "exclúa da contratación pública a aquelas empresas que fixeron de corruptoras dos políticos".
  comenta   2
O candidato a liderar Podemos Galicia compromete "unidade" e "reencontro" e lamenta que os "círculos" se sentisen "abandonados" pola anterior dirección.
  comenta   1
A candidata a liderar Podemos Galicia Carolina Bescansa asegurou que o partido morado "non romperá alianzas" porque iso sería xogar a favor "da dereita de Feijóo" que, segundo a santiaguesa, "ten medo á xente" e "por iso" buscan "dividir".
  comenta   3
Un chío dos 'populares' contra Carolina Bescansa e Antón Gómez-Reino, durante o Debate do Estado da Autonomía, recibe unha ocorrente resposta en Twitter.
  comenta   0
Asegura que a dirección estatal limita a participación ao esixir a verificación de identidade, algo que non recolle o regulamento das primarias.
  comenta   5
A candidata á secretaría xeral de Podemos Galicia cre que a Asemblea galega "non comezou ben" pero confía en que se desenvolva con "neutralidade".
  comenta   0
Tende a man a Bescansa para integrala se el gana, pero coa condición de que "decida vir achegar a Galicia". Cre que Podemos ha de ser o "motor fundamental" do espazo de cambio e aposta por "implicar" o partido dentro de En Marea.
  comenta   7
A candidata á secretaría xeral de Podemos Galicia asegura que a asemblea cidadá da formación en Galicia "non é un debate sobre as relacións persoais".
  comenta   2
Esta terceira candidatura tería avanzadas xa as súas configuracións de listas e os documentos para concorrer ás primarias. O prazo para incribirse finaliza o martes día 9.
  comenta   0