O empresario detido logrou numerosas axudas da Xunta

Jorge Dorribo, arrestado na Operación Campeón, é moi coñecido e ten intereses en medios de comunicación, deporte e farmacéuticas. Varias das firmas que dirixe levaron subvención do IGAPE , cuxos directivos tamén foron detidos. A Xunta defende a presunción de inocencia dos seus altos cargos.

Por Walter Burns | Lugo | 25/05/2011 | Actualizada ás 03:07

Comparte esta noticia

Asesorar a empresarios para que conseguisen subvencións de xeito fraudulento. E é a acusación que a Xustiza coloca sobre os dous altos cargos do IGAPE detidos onte na Operación Campeón.

Entre os 15 detidos só transcendeu o nome dun empresario, Jorge Dorribo, dono da metade da luguesa Laboratorios Asociados Nupel. O home de negocios tivo que acompañar aos axentes da lei no rexistro da nave no Polígono do Ceao. O Servicio de Vigilancia Aduaneira tamén rexistrou dúas das súas vivendas.

None

Axudas do IGAPE

Jorge Dorribo é un empresario moi coñecido en Lugo, pois participa nunha amplísima rede de empresas. Varias destas compañías recibiron recentemente axudas do IGAPE, o ente que dirixían os dous altos cargos detidos.

O IGAPE concedeu 2 millóns de euros a Nupel en Marzo, adiantou Xornal. En 2009, Nupel tamén logrou unha subvención do IGAPE par ao fomento da propiedade industrial. Tramipharma, da que é administrador único, tamén logrou do IGAPE máis de 2.800 euros este mes de maio nunha liña de axudas para PEMEs.

Xornal e Rallys

En outubro do ano pasado, Liderlugo, da que é administrador, logrou máis de 16.000 euros para sacar un xornal dixital de información deportiva, que segue en liña.

Jorge Dorribo tamén estivo vinculado ao deporte Jorge Dorribo na LUIS MOYA RALLY SCHOOL SL. Nesta compañía na que participaba o afamado piloto o arrestado era administrador. A empresa lanzou un equipo de rallys con un importante investimento.

O proxecto tivo o apoio da Xunta, como proba a visita do secretario xeral do Deporte, José Ramón Lete Lasa as instalacións de Rábade o Nupel Global Racing en 2010. A visita foi destacada nun comunicado da Xunta, no que nomea ao hoxe detido.

O empresario desvinculouse da propiedade do equipo, no que o galego Vallejo gañou o Campionato de España, pouco despois. O proxecto entrou en crise pouco despois.

No ranking de El Correo

Jorge Dorribo Gude non é un descoñecido na sociedade galega. El Correo Gallego situouno no posto 150 entre os galegos máis influíntes e a Confederación de Empresarios nomeouno vogal do Consello Galego de Seguridade Laboral en 2009.

Os negocios de Dorribo medraron até o punto de investir no estranxeiro. Nupel convertiuse nunha das firmas máis rendíbeis de Galicia e anunciou o investimento de miles de millóns en laboratorios farmaceuticos nos Emiratos Árabes e no Camerún. Cómpre ter en conta que un dos delitos que investiga o Servicio de Vigilancia Aduaneara e o de blanqueo de capitais.

Segundo o Rexistro Mercantil, Dorribo ten os seguintes cargos en empresas, todas baseadas en Lugo salvo dúas con domicilio en Oleiros:

MONASTERIO PENAMAIOR SA., MEDICINE CABINET SERVICES S.L., MEDICINE CABINET SERVICES NAVAL S.L., TRAMIPHARMA S.L., DIAGNOSTICO DE BIOLOGIA MOLECULAR SA., LABORATORIOS ASOCIADOS NUPEL S.L, TRAMIGAL GRUPO S.L., PAZO DE ADAI SOCIEDAD DE RESPONSABILIDAD LIMITADA, INNOVENT INVESTOR SL., ESSEO PARKING SL., LUGOLIDER SL., LUIS MOYA RALLY SCHOOL SL., ECOVALEN ENERGETICA SL., CAR DESING S.L., NAUTICAL SUPPORT S.L., APLICACIONES DE CEMENTO Y EDIFICACION S.L.LA CORUÑA e GRUPO ARTESANO LUCENSE SL

A Xunta xa defendeu a presunción de inocencia dos seus altos cargos. O Goberno asegura que os inspectores pediron expedientes de 20 empresas, pero que desa lista só había tres con expedientes no IGAPE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

13 vigues

Moi especial debe ser a responsabilidade do consello do Igape, sobre todo os cargos de Facenda, como a conselleria de Facenda, sobrada de chuleria que primeiro enganou o Psoe e agora quere facer carreira en Madrid, axudada por...bueno deixaremolo para outra ocasión, e que segun din os seus subordinados, non colaboradores nin amigos, son cousas do corazon

1 ricardo

compañeros de trabajo deesta señora en la universidad y en hacienda dicen que es competente y sibilina

2 Faldo

Nin ela podía chegar a máis, nin a consellería de Facenda a menos. En favor de Núñez Feijóo hai que dicir que ela non foi a primeira opción para a consellería, pero como os outros lle dixeron ao presi que nones, tivo que fichar o que quedaba. Comentábase que esta tipa era seria e profesional. Seria si, pois non prodiga moito o seu sorriso de laboratorio, pero profesional... Bueno, pensándoo ben: hai seis anos arrimouse a Touriño e agora xúntase con Feijóo. Si o de profesional tamén lle pega ben.

3 Faldo

Nin ela podía chegar a máis, nin a Consellería de Facenda a menos. En favor de Núñez Feijóo hai que dicir que ela non foi a primeira opción para a consellería, pero como os outros lle dixeron ao presi que nones, tivo que fichar o que quedaba. Comentábase que esta tipa era seria e profesional. Seria si, pois non prodiga moito o seu sorriso de laboratorio, pero profesional... Bueno, pensándoo ben: hai seis anos arrimouse a Touriño e agora xúntase con Feijóo. Si, o de profesional tamén lle pega ben.

12 sml

Mágoa que isto non se soubese antes das eleccións. Daquela, seguro que o PP conseguía maioría absoluta en toda Galicia. Para exemplo, abonda Valencia.

11 Filologo pesado

"equipo de rallys con un importante investimento". Mellor "CUN importante investimento".

10 alba

Deben responder todos os responsables do IGAPE, tamén o PRESIDENTE ( Conselleiro de Industria) e membros do CONSELLO DE DIRECCIÓN ( conselleria de Facenda, Conselleiro do Medio Rural, Conselleira do Mar e non sei cantos máis.....) Todos cobran unha pasta gansa pola súa asistencia aos Consellos de Dirección, asi que agora a dar a cara diante dos contribúintes,

9 Faldo

Corre o rumor de que Alfonso Rueda Valenzuela (y de las JONS) xa lle deu a orde aos seus esbirros de entraren a saco na sede do IGAPE e das empresas implicadas para revisar concienzudamente toda a documentación relativa a estes feitos. É dicir: exactamente igual que no caso de Unións Agraias.