Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2018 | Actualizada ás 20:04
Segundo confirmaron fontes xudiciais, o expediente disciplinario ábrese pola suposta comisión dunha falta prevista nos artigos 417.9, 418.11 e 419.3 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que se refire a "desatención ou atrasos inxustificados na instrución de causas penais".
Do mesmo xeito, tamén considera que se puido cometer unha falta prevista no artigo 418.16 da mesma norma, que se refire a "adoptar decisións que, con manifesto abuso procesual, xeren ficticios incrementos do volume de traballo en relación cos sistemas de medición fixados polo CGPJ".
A incoación do expediente baséase nas actas levantadas polo Servizo de Inspección en relación coa situación do xulgado, entre elas a resultante da inspección extraordinaria realizada entre os pasados 21 e 31 de maio.
A xuíza Pilar de Lara é a instrutora responsable dalgunhas das macrocausas máis relevantes que se investigaron nos últimos anos en Galicia, como a 'Operación Pokémon', que comezou a investigarse en 2012, ou da 'Operación Carioca', iniciada en 2008.
Así mesmo, leva, entre outros asuntos, unha peza separada da 'Operación Campión'. Precisamente por mor deste caso, o letrado Xoán Antón Pérez Lema presentou a mediados deste ano unha denuncia ante o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) por "dilacións indebidas" en relación a un recurso de apelación presentado en outubro de 2017 para pedir o sobresemento no relativo ao seu cliente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.