A Xunta dálle un tirón de orellas ao urbanismo de Barreiros
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística suliña que "calquera se daba conta de que os terreos de Barreiros non eran solo urbán consolidado”. A secretaria municipal di que en xaneiro do 2006 advertiu ao goberno local de que "dubidaba" da legalidade dalgúns proxectos.