Allariz 'sabe a outono'

Esta fin de semana celébrase na cidade do Avia a XXIII Feira de Outono, un encontro cos produtos típicos desta época do ano.

Por X.M. Fernández | Allariz | 09/11/2018 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O evento gastronómico ten por obxectivo promover, potenciar e valorizar os produtos de outono. O recinto feiral central será, como xa é costume, o pavillón do Instituto de Allariz onde corenta e tres produtores galegos venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros.

Cogomelo, cogomelos
Cogomelo, cogomelos

Outro dos puntos de interese da Feira de Outono é o Mercado da Reserva da Biosfera, lugar onde se realizarán diferentes concursos de elaboracións gastronómicas, degustacións e demostración de cociña en vivo a cargo de cociñeiras/os e blogueiras/os gastronómicos.  Ao longo da fin de semana haberá tamén sorteos e actividades para pequenos/as e maiores.

Os restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono durante a fin de semana e sortearán un menú para dúas persoas para aqueles que desgusten o outono nalgún dos establecementos participantes.

MICOLOXÍA

O sábado 10 pola mañá resulta interesante unha saída ao monte na procura de cogomelos co acompañamento do experto José Gómez Bragaña (Centro de Investigacións de Lourizán). A saída é ás 10:00 da mañá desde o pavillón feiral e aconséllase inscrición previa no correo participa@allariz.com

Saída ao monte para coller cogomelos. Fonte: Concello de Allariz
Saída ao monte para coller cogomelos. Fonte: Concello de Allariz

Neste apartado de cogomelos cómpre saber que haberá unha exposición micolóxica no Mercado de produtos da Reserva da Biosfera en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. Unha exposición que amosará as variedades máis comúns de cogomelos que se poden atopar nos montes alaricáns. Colabora na mesma o Centro de Investigacións de Lourizán.

Na web do concello de Allariz pódese acceder ao programa de actividades ao detalle.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta