Acoitelado un home que interviu nunha agresión machista en Vilagarcía

A Policía aínda non detivo ao autor dos feitos.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía | 09/11/2018 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Un home de 41 anos foi ferido por apuñalamento á primeira hora da mañá deste venres en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), tras tentar mediar nunha agresión machista.

Segundo informa a Policía Nacional de Pontevedra a Europa Press, aínda non se detivo ao autor dos feitos, pois a vítima aínda ten que prestar declaración.

Tras o suceso, tal e como indica o 061-Urxencias Sanitarias, enviouse unha ambulancia para trasladar ao ferido ao hospital do Salnés. Segundo fontes sanitarias, o home foi dado de alta ao longo da mañá, pois as feridas causadas polo acoitelamento eran de carácter leve.

Un coche patrulla da Policía
Un coche patrulla da Policía | Fonte: CNP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta