O PSdeG propón á Xunta mobilizar 400 millóns dentro das súas enmendas aos orzamentos

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou este luns as emendas aos orzamentos galegos e á Lei de acompañamento, que modifica 35 normas en 17 campos distintos e a un total de 164 disposicións administrativas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou este luns as emendas aos orzamentos galegos e á Lei de acompañamento, que modifica 35 normas en 17 campos distintos e a un total de 164 disposicións administrativas. Os socialistas propoñen mobilizar 402 millóns de euros entre as distintas partidas que propón a Xunta e incrementar en 300 millóns os ingresos, dos cales 140 do recurso ao déficit máximo.

Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz do PSdeG
Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz do PSdeG | Fonte: Europa Press

Ademais, á marxe de aumentar os ingresos por esa vía, tamén propón unha maior progresividade dos impostos, para que paguen máis os que maior patrimonio teñen, e tributos de carácter ambiental, ás instalacións eléctricas ou telefonía móbil, así como subir a outros como a da auga embalsada.

Fronte a iso, os socialistas tamén apostan por unha redución de cen millóns de euros en persoal de gabinete, xa que, dixo, hai "consellerías nas que é máis alto que en persoal directivo". Mesmo, dixo, "verían lóxico unha porcentaxe máxima" de persoal de gabinete. Ademais, o PSdeG tamén considera que se pode reducir o custo de publicidade e propaganda naquelas campañas que non sexan informativas, senón que unicamente buscan "modificar o comportamento da opinión pública".

EMENDA TRANSVERSAL

O PSdeG aposta por reforzar a atención primaria con máis persoal, reforzar o persoal do centro educativos e o servizo de comedor, destinar 9 millóns para a gratuidade da primeira matrícula en materia universitaria e manter ao tempo bolsas de posgrao.

Reforzar a Rede Galega de Atención Temperá, construción de residencias de maiores en todas as cidades, inxectar 140 millóns de euros para o reforzo das infraestruturas, gratuidade das peaxes competencia da Xunta e duplicar a dotación á Real Academia Galega, con outros 400.000 euros, son outras as propostas socialistas.

DEVOLUCIÓN LEI ACOMPAÑAMENTO

Os socialistas piden, ademais, a devolución da coñecida como Lei de acompañamento, a "única lei" que se aprobará en 2018, ademais da orzamentaria. En opinión de Leiceaga, modifícanse dunha "tacada" un volume de leis por un procedemento que debería ser "excepcional" e que vai en contra da doutrina do Tribunal Constitucional. É, ao seu xuízo, unha "falta de respecto" para levar adiante cambios lexislativos sen os controis previos nunha práctica que adoece de "transparencia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta