Temas: 112 CHUS

Ingresada no hospital unha veciña de Ordes por caída na súa casa mentres se producía un incendio

Tamén resulta ileso un veciño de Burela que sufriu o derrube do tellado da súa vivenda; a zona acoutouse para garantir a seguridade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2018 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Segundo informou o 112, o suceso produciuse preto das 14,00 horas, nunha vivenda situada na Rúa Víctor González, en Ordes. Unha veciña chamou para pedir medios de extinción por mor dun lume nunha cociña. Ademais, a ocupante da vivenda, de avanzada idade, sufriu unha caída, o que lle impedía abrir a porta.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Archivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Archivo

O 112 informou os bombeiros de Ordes, aos axentes da Policía Local e tamén aos profesionais do 061 para atender á muller que sufriu a caída e recibiu un forte golpe na cabeza. Para ser atendida das feridas, foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Con respecto ao incendio, orixinouse nunha pota que estaba ao lume e chegou a afectar á campá extractora, aínda que soamente pola intensa fumareda.

DERRUBE DUN TELLADO

Por outra banda, o 112 informou de que un veciño de Burela (Lugo) resultou ileso no derrube do tellado da súa vivenda, situada na Rúa José María González. Foi ás 15,30 horas, cando un veciño chamou ao 112 Galicia para informar do derrube. A mesma persona apuntaba á posibilidade de que houbese un home no interior da casa. Así, o 112 pediu a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, bombeiros de Barreiros e o GES de Cervo.

Os servizos de emerxencias atoparon ao home fóra da casa e en bo estado de saúde. Igualmente, procederon a acoutar a zona co fin reducir o risco de novos desprendementos e garantir a seguridade dos viandantes.

Temas: 112 CHUS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta