Patria, Minerva e María Teresa

O 25 de novembro do ano 1960 un infame ditador, Rafael Leónidas Trujillo, ordenou matar a estas tres irmáns, as irmáns Mirabal. Loitadoras activas contra a a represión do réxime fascista do tamén auto proclamado xeneralísimo da República Dominicana, coincidencia.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 23/11/2018

Comparte esta noticia
Loitaron as “Mariposas”, asía as chamaban,  pola liberdade dos seus, sufriron torturas, violacións e unha crúa represión, máis forte polo feito de ser mulleres. A súa morte a golpes serviu para que o pobo dominicano tomara conciencia do que era o fascismo e supuxo o inicio do fin do réxime de Trujillo. Dende o ano 1981 este día é o elixido como o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
 
O mundo está en débeda coas “Mariposas” dominicanas, unha débeda que consiste en loitar para que o que lles sucedeu non volva a suceder, unha débeda que non somos quen de pagar. Cada día vemos novas relacionadas coa violencia de xénero, estamos defraudando a memoria da Mirabal, unha vergoña. E tamén a de moitas outras mulleres que loitaron en moitas partes do mundo pola xustiza, pola equidade e pola dignidade das persoas, sen diferenciación de sexo. Como as nosas compatriotas Lola, Amparo e Xulia que loitaron dende Ribadavia contra o holocausto nazi e a supremacía. 
 
Preocupan moito os acontecementos presentes, como o abuso e trato ás activistas de FEMEN recentemente en Madrid, están as medidas legais tomadas, na defensa da dignidade? Mirar cara outro lado produce Trujillos e acontecementos irreparables para a humanidade. Este 25 de novembro todas as formacións políticas farán actos, sacaran fotos e manifestos. Poucas lembrarán o fondo social dos acontecementos da República Dominicana do 1960 e seguro pasarán de puntillas polo feito de que en Europa e tamén en España os amigos de Trujillo están a coller pulo. A radicalización de posicións políticas do PP de Casado do partido laranxa e dos que pasean en cabalo pola chaira andaluza non permite baixar a garda nesta materia. Cómpre que este 25 de novembro teña máis alcance, teña máis forza e teña moita máis memoria histórica, para lembrar que tamén no fondo a loita das mulleres é unha loita contra o fascismo e contra a supremacía.
 
Por todas elas, as coñecidas e as anónimas toca activar todos os medios contra a violencia que se fai ás mulleres, con forza e firmeza, para ter unha sociedade xusta e equitativa é preciso comezar por este eido.
 

Un gran lazo en contra da violencia de xénero para celebrar o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres
Un gran lazo en contra da violencia de xénero para celebrar o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres | Fonte: xunta.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Juan Carlos Piñeiro Secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG)