Investigan outra suposta agresión sexual a unha moza de Lugo que denunciou "perder a consciencia"

A Policía trata de esclarecer os feitos denunciados pola rapaza, que asegura que espertou nun coche "cun coñecido e outra persoa" e que "non sabe o que pasou".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2018 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Policía Nacional de Lugo investiga outra suposta agresión sexual a unha moza na madrugada do domingo ao luns despois de denunciar unha posible "perda de consciencia" desde as 5,00 horas ás 13,30 horas do luns.

Noite de marcha
Noite de marcha | Fonte: EP

Segundo a versión da muller, que trata de corroborar a Policía de Lugo segundo fontes da investigación, estaba cuns amigos e coñecidos nun pub da rúa Tui, unha zona de ambiente latino na capital lucense. A moza relatou que, sobre as 5,00 horas (na madrugada do domingo ao luns), perdeu a consciencia e non a recuperou até o día seguinte, cando apareceu nun coche "cun coñecido e outra persoa".

A moza asegura que seguiu con eles até as 18,00 horas, aínda que ante a Policía declarou que "non sabe o que pasou". Segundo manifestou chegou ao domicilio que comparte coa súa parella e aí comprobou que "non levaba bragas".

As mesmas fontes policiais sinalaron que a moza deu "bastante" taxa de alcol nas probas realizadas, ademais doutras substancias estupefacientes.

A Policía Nacional segue coa investigación para esclarecer se neste caso se produciu un delito de abusos ou agresión sexual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta