Por que chegou Vox?

Vox non aparece por xeración espontánea, non é un movemento da rúa por mor da crise, non é un movemento como o 15 M; Vox crece pola radicalización na incompetencia da "nova" política na súa propia identidade, (Podemos e Cidadáns), e pola submisión sen parangón da "vella" política, (PSOE e PP), a os mercados de valor, as multinacionais, e as oligarquías, (aquilo que Pablo Igrexas chamou a caste).

Por Carlos González Armada | Vigo | 07/12/2018

Comparte esta noticia
Algúns identifican o problema, (porque  Vox é un problema  democrático), co sucedido en Catalunya...eu considero que  Trump,  Salvini, ou  Bolsonaro, non son consecuencia de Catalunya, son consecuencia dunha polarización conxuntural do  hastío da xente, pero que aproveitan os ultras de Vox para chegar ás tripas daqueles que temen cambios drásticos no seu estilo de vida, e utilizan ese medo para rendibilizar a súa mensaxe populista.
 
Vox a irrompido na política Andaluza, (pronto na española), polo efecto Trump. Ata fai non moito ser ultra dereita era  detestable, os mesmos membros de Vox negaban ser seguidores da ideoloxía Franquista; a vitoria de  Trump,  Salvini e  Bolsonaro fixo que ser de ultra dereita, e defender segundo que cousas, xa non sexa vergoñoso.
 
Á maior parte da  ciudadania que votou a VOX pódeslle preguntar se é racista, ou xenófobo, ou si está contra os homosexuais, ou contra as mulleres, e dirache que non, pero se lés o que pon o programa de Vox verás que sí. Isto quere dicir que moitos votantes de Vox non se leron nin o seu programa, nin o seu código ideolóxico, simplemente votaron porque se creron aquilo de que o inmigrante lle quita o seu traballo, ou que Catalunya destruirá España.
 
Ademáis o PP sumido na corrupción, e desbordado polo pánico de ser superado por Cidadáns e cambia a súa mensaxe, endurécea, e o votante non lle cré...sempre dixen que a xente prefire o orixinal antes que o  sucedaneo, e Vox dentro da sua apoloxia fascista foi bastante coherente, a súa mensaxe de querer facer "aberracións" é  creible, o do PP non, a xente vota ao orixinal desta perigosa mensaxe e abandona ao sucedáneo...a maioría de afiliados, simpatizantes e votantes de  Vox estaban escondidos no PP mentres era detestable ser de ultradereita, agora xa non o necesitan.
 
O PSOE, (igual que o PP), axudou a este fenomeno porque se dedicaron a facer o contrario do que a cidadanía necesita, favorecendo a unha minoria capitalista, poderosa, adiñeirada, o que definiriamos como oligarquia ou caste. Podemos coas súas loitas de poder interno, con aquilo de "quítate tu que me poño eu", tampouco axudou a evitar a entrada de Vox, senón todo o contrario.
 
É necesario adoptar medidas políticas urxentes pra que o fenómeno fascista que entrou nas nosas vidas non entre nas nosas casas. Tamén é necesario adoptar medidas legais para previr e garantir que non se exceden as liñas vermellas da democracia. E fai falta, sobre todo, unha esquerda amoblada, sensata, coherente, e clara na súa mensaxe, é necesario máis que nunca predicar co exemplo e dar solucións reais aos problemas da xente.
 
Vox veu para quedar, eles mesmos dino, o que é necesario é que a cidadanía saiba quen é, o que defenden. Vox dixo que quere abolir as autonomías, pero preséntanse a unhas eleccións autonómicas, dixo que expulsará aos inmigrantes, pero non aclarou que se refire aos inmigrantes pobres, vox quere acabar coa memoria histórica, porque defende valores franquistas que pretende volver implantar, e Vox a dito que quere terminar cos dereitos das mulleres porque prexudica aos homes.
 
Só fai falta ver quen é a súa cabeza de lista en  Andalucia, un xuíz que foi inhabilitado na súa época, ao que se lle foi a man mais do normal, defensor e  aplicador de calquera teoria acientifica que torturase a mulleres ou menores, un xuíz de familia inhabilitado no 2011 polo Tribunal Supremo por prevaricación dolosa a causa de modificar un réxime de visitas sen tan sequera escoitar os argumentos da nai.
 
O ocorrido en Andalucía é un toque de atención, veremos se é escoitado, non tanto pola irrupción de Vox senón polo case 50% de abstención electoral, maioritariamente de esquerdas. É necesario reflexionar o hartazgo do votante progresista, é farto complicado que partidos como o PSOE póidano facer...veremos Podemos, porque non se trata de crear dous bandos, dereita-esquerda, bos-malos, trátase de ser sensatos, de devolver a coherencia á esquerda, á sociedade en xeral, trátase de priorizar os dereitos da xente e non dos partidos porque, doutro xeito, a xente farta busca saídas moitas veces equivocadas...verémolo en Brasil, esperemos non velo en España

Principais dirixentes de Vox, entre eles, Ortega Lara
Principais dirixentes de Vox, entre eles, Ortega Lara
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA