Detido en Vigo un condutor que estaba baixo os efectos das drogas

O home, que deu positivo en cannabis e cocaína, tentou fuxir da Policía Local no seu ciclomotor no medio dunha intensa persecución polas rúas da cidade.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 10/12/2018 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A Policía Local de Vigo detivo a I. F. F., home de 41 anos de idade, natural e veciño da cidade olívica, por supostos delitos contra a saúde pública e de desobediencia, así como por circular sen un permiso habilitado para a condución. O detido circulaba sen licenza e baixo os efectos de substancias estupefacientes.

Policía Local de Vigo
Policía Local de Vigo | Fonte: xornaldevigo.gal

Os feitos sucederon ás 12.00 horas do pasado domingo, cando unha patrulla que circulaba tras un ciclomotor da marca Piaggio, modelo  Fly 50, comprobou que tiña a ITV caducada e que ao seu condutor non lle constaba ningún permiso habilitante para a circulación.

O vehículo policial conectou os dispositivos luminosos para indicar ao condutor que se detivese pero este seguiu o seu camiño, entón activaron os dispositivos acústicos e, lonxe de  deterse, o home aumentou a velocidade. No momento no que o coche patrulla se situou á súa esquerda, o condutor do ciclomotor virou cara a ese mesmo lugar e impactou co vehículo policial, continuando a súa marcha. Volveu repetir a mesma manobra de xiro á esquerda e a golpear ao vehículo policial uns metros máis adiante, pero atopouse cun vehículo no seu carril que lle impediu continuar a súa fuxida.

Tras ese ultimo incidente, o condutor tentou abandonar o lugar a pé, mais foi interceptado polos policías, que comprobaron que presentaba síntomas externos que puidesen indicar que consumira substancias estupefacientes. I. F. F. deu positivo en cocaína e cannabis, o que levou consigo a interposición de denuncias administrativas. A súa licenza para conducir carecía de caducidade porque fora privado temporalmente da mesma, e aínda que o período de privación finalizara, non constaba como realizado o curso correspondente de sensibilización viaria.

Ademais, os axentes incautáronlle certa cantidade dunha substancia estupefaciente, supostamente cocaína. Por todo isto, procedeuse á súa detención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta