Plataforma SOS Sanidade Pública comparecerá este martes no Parlamento defendendo a actitude da oposición

O representante da Plataforma, Manuel Martín, exporá "as graves consencuencias da política sanitaria da Xunta de Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2018 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O primeiro punto que exporá Manuel Martín será o apoio da Plataforma SOS á "actitude de boicot dos tres grupos da oposición PSdeG, BNG e En Marea polas imposicións e restriccións impostas na comisión polo Grupo Parlamentario Polular que a desvirtúan e desvirtúan".

Rolda de prensa de SOS Sanidade Pública
Rolda de prensa de SOS Sanidade Pública

A segunda parte da intervención de Martín, que lembra, asiste por "imperativo legal", fará un balanzo das diferentes actuacións da Xunta en materia de sanidade e que consideran contrarias ao desenvolvemento do sistema público de saúde. Entre elas, a privatización de grandes centros sanitarios e recortes en prestacións que limitan o acceso da poboación á sanidade. 

Critican tamén o modelo de recentralización das áreas sanitarias "que están restando eficacia" e o "desmantelamento da atención primaria absorvida polas Xerencias Hospitalarias que están supoñendo tamén a masificación e perda de capacidade resolutiva e de calidade na atención". Xunto a isto, a supresión das consultas de pediatría e "problemas nos Puntos de Atención Continuada (PAC)" así como desatención á saúde mental e á muller. Por último, denunciará a cesión da investigación a empresas multinacionais e á industria farmacéutica, ademais de que con isto pretenden transformar o sector público nun sector industrial. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta