Comeza a demolición da pirotécnica de Tui co dono investigado por unha explosión que causou dúas mortes

Antes das operacións para a derriba, procedeuse a desaloxar o material explosivo que aínda se gardaba no interior das instalacións.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/12/2018 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

Os traballos de demolición da empresa La Gallega, en Tui (Pontevedra), cuxo propietario está investigado pola explosión dun almacén ilegal de material pirotécnico na parroquia tudense de Paramos (que custou a vida a un matrimonio, causou decenas de feridos e cuantiosos danos materiais) comezaron este mércores, segundo comunicou o Concello desta localidade.

Cascallos após a explosión de Tui en Paramos, que deixou arrasou vivendas. EUROPA PRESS - Archivo
Cascallos após a explosión de Tui en Paramos, que deixou arrasou vivendas. EUROPA PRESS - Archivo

Co inicio desta demolición dáse cumprimento á sentenza dun xulgado contencioso administrativo de Pontevedra, que obriga a desmantelar e cesar a actividade desta pirotecnia, situada na parroquia de Baldráns.

Antes das operacións para a derriba, procedeuse a desaloxar o material explosivo que aínda se gardaba no interior das instalacións, uns 2.800 quilos, que foron trasladados e destruídos por efectivos do TEDAX e de Intervención de Armas da Garda Civil.

Así, este mércores realizouse a retirada do amianto (para o que o Concello xa contaba con informe favorable do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral) e serán demolidas unhas 25 casetas.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, estimou que os traballos de derriba poderían estar culminados antes de que acabe o ano, aínda que o xulgado ampliou até o 15 de xaneiro o prazo para executar a sentenza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta