O PP de Vigo presenta unha querela contra Caballero por "ocultarlle" información do concello

Os populares denuncian unha suposta vulneración de dereitos fundamentais

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 18/12/2018 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo presentou unha querela contra o alcalde, Abel Caballero, por suposta vulneración de dereitos fundamentais, polo "reiterado ocultamento" de información solicitada por este grupo político.

A portavoz do PP de Vigo, Elena Muñoz. EUROPA PRESS - Archivo
A portavoz do PP de Vigo, Elena Muñoz. EUROPA PRESS - Archivo

Así o anunciou en rolda de prensa a portavoz dos 'populares', Elena Muñoz, quen confirmou que o xulgado de instrución número 2 de Vigo admitiu a trámite a denuncia e iniciou as dilixencias, citando ao secretario municipal como testemuña --comparecerá o próximo 26 de febreiro--.

A concelleira do PP lembrou que o goberno municipal, con Caballero á cabeza, "de forma reiterada négase a facilitar a información" solicitada polos grupos municipais da oposición, e impídelles cumprir co seu labor fiscalizador, ademais de vulnerar dereitos fundamentais de edís que representan a miles de vigueses.

Elena Muñoz mencionou unha trintena de "incumprimentos" do goberno local á hora de facilitar "en tempo e forma" documentación ou expedientes requiridos polo PP. Así, mencionou a petición de información sobre as analíticas da auga, a "escura prórroga a Aqualia", o alcance das obras de Balaídos, a contratación do aparcadoiro de Praza de Portugal, ou o expediente do Marisquiño.

"Non nos gusta xudicializar a vida política, pero é o único camiño que nos deixou o alcalde. A democracia baséase na transparencia, e hai unhas obrigacións que hai que cumprir, non se pode usar a maioría absoluta para pisar os dereitos dos grupos políticos e os vigueses teñen dereito a coñecer", proclamou Muñoz.

O PP presentou a denuncia o pasado 27 de novembro, por un suposto delito recollido no artigo 542 do Código Penal, que se refire a actuacións dunha autoridade ou funcionario público que, a propósito, impide o exercicio doutros dereitos civís recoñecidos pola Constitución e as leis. A pena asociada a este delito é de inhabilitación para emprego ou cargo público entre un e catro anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Cal é a exactitude destes criterios no estado da auga? https://augasdegalicia.xunta.gal/c/... Bo ou mellor sería se tivesemos datos dos índices de contaminación que verten á ría de Vigo !!! https://augasdegalicia.xunta.gal/c/... Sancta Transparencia // https://transparencia.xunta.gal/alt... Ninguén sabe nada de nada !!!

1 Gamela

A boas horas… cando quedan 5 meses para as eleccións ! Algúns levamos anos solicitando os índices de depuración da EDAR do Lagares e os responsables están na Xunta de Galicia, máis concretamente en Augas de Galicia (cuxo director foi sustituido SILENCIOSAMENTE pola mesma Xunta) Temos recollido un dossier que igual lle viña ben ao xuíz encargado de estudar a querela que agora -tarde, mal e arrastras, e de xeito torticeiro- presenta a chamada “oposición” que leva toda a vida Mirando pa Cuenca !!! https://flic.kr/p/QpAGAj E sobre todo cando o Canon de Saneamento o pagamos todas no recibo que factura Aqualia - a empresa amiga do Caudillo Caballero !!! Cartos ao queixón, Kirie Eleysón!