Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/12/2018 | Actualizada ás 11:10
Axentes da Policía Nacional detiveron na madrugada do domingo, día 16, a un individuo de 30 anos acusado dun roubo con violencia na cidade de Lugo, despois de que dous encapuchados agredisen e ameazasen a unha traballadora da limpeza para roubar nun establecemento.
Os feitos sucederon sobre as 1,40 horas da madrugada do domingo, cando un garda civil fóra de servizo alertou do movemento estraño de dúas persoas e do berro dunha muller que proviña dun establecemento dedicado a panadaría na cidade das murallas.
Cando os equipos chegaron ao lugar, atopáronse coa muller da limpeza do establecemento, que lles informou que cando se atopaba pechando a porta do local fora asaltada por dous individuos encapuchados. Un deles agarrouna fortemente polo pescozo, empuxándoa mentres esgrimía un coitelo e a ameazaba para que estivese calada e quieta.
A muller dixo aos axentes que os homes se levaron unha pequena caixa de caudais e o diñeiro da caixa rexistradora, tras o que se deron á fuga. Cos datos achegados pola victima, así como pola información da testemuña, localizouse no interior dun edificio ao agora detido, un home con antecedentes penais, que pasou a disposición xudicial este martes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.