Prisión comunicada sen fianza para os dous detidos implicados na morte do preso fuxido en Ourense

O xuíz ve un delito de homicidio ou asasinato en concurso con roubo con violencia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/12/2018 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

O maxistrado do Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense, Leonardo Álvarez, decretou prisión comunicada sen fianza para os dous detidos supostamente implicados na morte do preso fuxido do cárcere de Pereiro de Aguiar o pasado mes de agosto, Fernando Iglesias Espiñeiro, cuxo corpo foi achado na mañá do pasado xoves por efectivos da Garda Civil no Concello de Piñor de Cea (Ourense).

O preso fuxido e asasinado en Ourense. POLICÍA NACIONAL
O preso fuxido e asasinado en Ourense. POLICÍA NACIONAL | Fonte: EUROPA PRESS

Segundo sinalaron fontes xudiciais, o xuíz ve un delito de homicidio ou asasinato en concurso con roubo con violencia. Así mesmo, destacaron que "os indicios obtidos indican que se trata dunha morte violenta" que, "todo indica", "produciuse o mesmo fin de semana do permiso", isto é, os días 11 e 12 de agosto de 2018.

O home atopábase na recta final da súa condena de 25 anos por asasinar á súa muller e aos dous fillos de ambos en 1996 en Las Palmas de Gran Canaria. Iniciouna o 19 de outubro de 1996 e estaba previsto o final do seu encarceramento o 9 de outubro de 2021. O maxistrado do Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense decretou o segredo de sumario das actuacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta