Tres detidos na provincia de Lugo por realizar estafas a través de vendas fraudulentas por Internet

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 27/12/2018 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Dous veciños do municipio lucense de Sarria e outro de Lugo capital foron detidos por realizar vendas fraudulentas a través de Internet de produtos que nunca enviaban.

Axentes da Guardia Civil rastrean Interne.
Axentes da Guardia Civil rastrean Interne.

O tres detidos —que teñen 23, 53 e 65 anos— enfróntanse a delitos de estafa, apropiación indebida e usurpación, segundo informa este xoves a Garda Civil.

Así, vendían produtos a través da rede, pero enviaban caixas cheas de tacos de madeira mediante empresas de mensaxería en lugar do anunciado.

Esta operación da Garda Civil realizouna en colaboración con outras unidades a nivel estatal, despois de que houbese denuncias nos municipios lucenses de Baralla e Burela, así como en La Algaba (Sevilla) e La Nava de Santiago (Badaxoz).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta