Temas: VACINAS GRIPE

Máis de medio millón de galegos xa se vacinaron contra a gripe

A campaña 'Contaxia a túa enerxía e non a gripe' rexistra un aumento de 20.000 persoas con respecto ao mesmo nivel de 2017

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2018 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A campaña 'Contaxia a túa enerxía e non a gripe', posta en marcha pola Consellería de Sanidade, logrou xa vacinar contra esta enfermidade a máis de 548.000 galegos, unha cifra que supón 20.000 persoas máis que no mesmo momento da campaña do ano anterior. Así o informou a Xunta de Galicia en relación a esta iniciativa que comezou o 22 de outubro e que conclúe este venres.

Vacuna, vacunación, gripe, enfermedad, enfermera, inyección
Vacuna, vacunación, gripe, enfermedad, enfermera, inyección

Das persoas vacinadas, 386.000 tiñan 65 ou máis anos, unha das poboacións nas que esta vacina está especialmente indicada, o mesmo número de persoas que as vacinadas na campaña antigripal do ano pasado. De seguir esta tendencia, explica a Xunta, ao final da campaña, este segmento superaría o 57,8% de cobertura vacinal do pasado ano.

Ademais do incremento do nivel de poboación xeral, Sanidade subliñou a mellora das coberturas entre os profesionais sanitarios, cun aumento de case un 30%, segundo os datos provisionais manexados, consolidando a tendencia dos últimos anos.

Do mesmo xeito, subliñou o "espectacular incremento" de vacinación das mulleres embarazadas, cun ascenso próximo ao 70% con respecto á campaña de 2017, "probablemente debido a unha maior concienciación da importancia desta enfermidade no embarazo por parte das mulleres e dos profesionais sanitarios que as atenden".

Sanidade indicou que este ano en Galicia está a atrasarse a chegada da onda gripal e, por tanto, os cidadáns aínda están a tempo de vacinarse. Así, aínda que a campaña remata este venres, as persoas que estean interesadas poden acudir a vacinarse a algún dos 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade. A recollida das doses de vacina antigripal dos centros non se realizará até a segunda quincena do mes de xaneiro.

Temas: VACINAS GRIPE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta