Empresas de Santiago e a súa comarca recibirán axudas para a súa internacionalización

As beneficiarias son PEMES que ven cubertos gastos para a súa presenza internacional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2018 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destina máis de 610.000 euros para a internacionalización de 32 pequenas e medianas (Pemes) empresas de Santiago e a súa comarca, 17 delas situadas na cidade e 15 en concellos limítrofes. Así o destacou o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, durante a súa visita á empresa 'Guarnicionería Irmáns Gómez' en Arzúa, que recibiu unha achega da Xunta de máis de 51.000 euros do programa Galicia Exporta. En total, na provincia da Coruña beneficiaranse do plan de axudas ata 85 pemes, que recibirán unha achega total de 1,7 millóns de euros.

Ovidio Rodeiro visita a emporesa Guarnicionería Irmáns Gómez. XUNTA DE GALICIA
Ovidio Rodeiro visita a emporesa Guarnicionería Irmáns Gómez. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Nestas iniciativas participan compañías de campos como a alimentación, TIC, téxtil, servizos, madeira-moble, maquinaria, naval ou construción, que desenvolverán accións en 97 mercados de todo o mundo, como a creación de tendas online, participación en feiras e eventos internacionais e planificación de axendas de reunión no estranxeiro, así como seguimento de clientes.

Ovidio Rodeiro explicou que "estas axudas do Galicia Exporta Empresas cobren o 70% dos custos, cun máximo de 700.000 euros por solicitude e compañía". Ademais, aclarou que as "pemes beneficiarias poderán avanzar na súa internacionalización cara a mercados como China, Estados Unidos, Cuba, Arabia Saudita, Australia, Brasil, Arxentina, México, Emiratos Árabes Unidos, Rusia, Marrocos, Xapón ou Colombia, así como distintos países europeos".

O delegado territorial recordou que o próximo mes de xaneiro abrirase a seguinte convocatoria de solicitude de axudas, para as accións durante 2019 e a primeira metade de 2020. O programa, que neste ano contou cun 49% máis que na convocatoria anterior e apoiou a 261 compañías, é complementario do Galicia Exporta Intermedios. Neste último caso, realízanse accións agrupadas de promoción exterior, nas que os apoios supoñen ata o 90% do custo e chegan ata 150.000 euros.

A resolución de axudas aprobada en xullo deste ano alcanzou o millón e medio de euros a 34 iniciativas de organismos intermedios, das que só de forma directa, benefícianse 206 empresas. A Xunta pon en valor o crecemento das exportacións galegas, que aumentaron un 8,6% con respecto ao mesmo período do ano marca de 2017. En outubro, creceron un 16,5%, moi por encima da media estatal, nun 9%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta