Santalices pide ao Apóstolo Santiago superar o "desafío secesionista" e a violencia de xénero

O presidente do Parlamento galego destacou que España é destino cobizado para a inmigración que é beneficiosa para a economía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2018 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, exerceu este domingo de delegado rexio na Translación dos restos do Apóstolo Santiago, a quen pediu a superación de "problemas" como o "desafío secesionista", a violencia de xénero e a crise económica.

Miguel Santalices, Translación, 2018
Miguel Santalices, Translación, 2018 | Fonte: Europa Press

Así o expresou na Catedral de Santiago, durante o seu discurso na Ofrenda Nacional ao Apóstolo, no que agradeceu a "honra e responsabilidade" de ser designado delegado rexio pola súa Maxestade o Rei Felipe VI.

Deste xeito, Santalices apelou ás "catro décadas de luces" que representa a Constitución de 1978, da que recoñece que "resolveu boa parte dos problemas históricos" de España, "aínda que persistan outros" como as "dificultades económicas da crise", o "distanciamento" fronte ás institucións "e, sobre todo, o desafío secesionista".

Ademais, valorou que os 40 anos de réxime democrático constitucional trouxeron "un cambio de paradigma migratorio" que converteu a España "nun destino cobizado para a inmigración", que é "beneficiosa" para a economía e "enriquecedora" no cultural.

No entanto, pediu unha "inmigración ordenada" que busque "a integración e respecte a integridade territorial, o ordenamento xurídico e os dereitos e liberdades dos territorios de acollida".

A misa da Translación, presidida polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, foi precedida pola recepción do delegado rexio na Praza do Obradoiro por parte das Forzas Armadas e de autoridades como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde da capital galega, Martiño Noriega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta