Cobre San Rafael asegura que o seu proxecto "garante a subministración de auga" en Touro e O Pino

Segundo a empresa mineira, os estudos técnicos expostos garante a subministración de auga "con prioridade ao con respecto a actividade industrial".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A empresa que pretende extraer cobre nos municipios coruñeses de Touro e O Pino asegura que o seu proxecto "garante a subministración de auga" e nega que se vaia a deixar sen abastecemento a veciños.

Río Portapego contaminado pola mina de Touro
Río Portapego contaminado pola mina de Touro | Fonte: Mina Touro-O Pino Non

En resposta ao BNG, a compañía, Cobre San Rafael, nega "taxativamente" que o seu proxecto "contemple a posibilidade de deixar sen abastecemento de auga a veciños".

"Os proxectos e estudos técnicos expostos (...) non só garanten a subministración de auga ao municipio de forma compatible e con prioridade con respecto á actividade industrial, senón que melloran os problemas de abastecemento que, puntualmente, sofren algúns veciños de ambos os concellos en cantidade e calidade", destaca.

A execución do proxecto supón, segundo subliña, "unha oportunidade de mellora na infraestrutura e a subministración de auga potable da zona".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta