Stop Desafiuzamentos advirte de máis de 24 casos de falta de pagamentos de alugueres en Lugo

Critica que non hai alternativas no concello e denuncia que o bono social da Xunta non é efectivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2019 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A portavoz de Stop Desafiuzamentos Lugo, Mina Galván, advertiu de "máis de dúas ducias de casos abertos" de falta de pagamentos de alugueres na cidade nos que traballa esta plataforma.

Protesta contra os Desafiuzamentos
Protesta contra os Desafiuzamentos | Fonte: CIG

Galván expuxo que antes centraban o seu traballo máis na falta de pagamento das hipotecas aos bancos e agora hai "maior" incidencia no que respecta ao aluguer. Sobre os casos abertos, explicou que se van a pór en marcha (para a súa solución)". "Non temos alternativas, o concello non ofrece solucións. Non hai nada para os alugueres", criticou esta portavoz.

Outro aspecto que censura ten que ver cos "bonos sociais" para o aluguer que ofrece a Xunta, dado que "unha vez que a xente ten o plan aprobado, non se atopa quen alugue". "Na Xunta din que é unha garantía, pero non é verdade porque cando saben que tes un bono de aluguer social saben que es vítima dun desafiuzamento e é máis difícil. Isto pasa por non ter un parque de vivendas sociais", subliñou.

Mina Galván alertou de que "a xente á que se desaloxa polo aluguer é xente que está moi precaria, non é que non teña para pagar o aluguer, é que non ten para pagar a luz ou a auga".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta