Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2019 | Actualizada ás 11:14
Calvos de Randín (Ourense) volveu a rexistrar a temperatura mínima noutra fría xornada na Comunidade galega na que ata cinco puntos baixaron dos menos 8 graos centígrados.
Así, como xa sucedeu o pasado xoves, Calvos de Randín marcou a mínima cos -9,6 ºC rexistrados ás 08,50 horas deste sábado. En Verín (Ourense) o termómetro baixou ata os -9,1º C ás 09,30 horas, segundo datos de Meteogalicia.
Así mesmo, outros tres lugares das provincias de Lugo e Ourense alcanzaron temperaturas por baixo dos menos 8 graos centígrados á primeira hora da mañá deste sábado 5 de xaneiro. É o caso de Xinzo de Limia (Ourense), onde se alcanzaron os -8,6 ºC, Lanzós --Vilalba (Lugo)-- con -8,5 ºC e Morelle --Sarria (Lugo)-- con -8 ºC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.