Un accidente en Coirós sáldase co falecemento do condutor dun camión

O corpo quedara atrapado no interior do vehículo e tivo que ser excarcerado.

Por E.P. | A CORUÑA | 07/01/2019 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O condutor dun camión faleceu este luns tras rexistrarse un alcance entre dous vehículos articulados no termo municipal de Coirós (A Coruña), segundo informa a Garda Civil, que investiga as causas deste accidente.

ACCIDENTE EN COIROS. GARDA CIVIL
ACCIDENTE EN COIROS. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

O sinistro produciuse sobre as 10,45 horas na A-6, no punto quilométrico 561,4, cando dous vehículos articulados que circulaban en dirección a Madrid chocaron.

Como resultado do choque, resultou falecido o condutor e único ocupante do vehículo que provocou o alcance, o que circulaba detrás. Trátase dun home de 62 anos e veciño de Lugo, segundo informa a Garda Civil.

Tras ter coñecemento do suceso, o 112-Galicia mobilizou ata a zona aos Bombeiros de Betanzos, que interviñeron para liberar ao falecido, cuxo corpo quedara atrapado no camión. Tamén participaron efectivos da Garda Civil de Tráfico e de mantemento da autovía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta