Verín rexistra a temperatura mínima de Galicia, con -7,7ºC

As provincias de Lugo e Ourense están en situación de risco por frío na xornada deste martes 8 de xaneiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2019 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Verín rexistrou na mañá deste martes a temperatura mínima de Galicia, con -7,7ºC, nunha xornada na que as provincias de Ourense e Lugo teñen aviso por frío.

Xeada, frío. Europa Press
Xeada, frío. Europa Press | Fonte: Europa Press

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 9,30 horas deste martes, recollidos por Europa Press, as temperaturas negativas máis significativas en Galicia corresponderon a localidades ourensás con altitude menor de 900 metros.

Así, tras os -7,7ºC de Verín -rexistrados ás 9,20 horas deste martes--, os termómetros caeron ata os -7,4ºC en Calvos de Randín -ás 8,00 horas-; aos -5,8ºC en Leiro -ás 9,00 horas-; e os -5,5ºC en Baltar -ás 8,10 horas- e Xinzo de Limia -ás 7,40 horas-.

En canto aos municipios con altitude maior de 900 metros, unicamente, segundo os rexistros de Meteogalicia, Vilariño de Conso (Ourense) tivo unha mínima negativa, con -1,2ºC, mentres que Navia de Suarna (Lugo) situouse nos 0ºC ás 4,10 horas deste martes.

Na xornada de onte, luns, Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima de Galicia, con -9,3ºC; seguida de Verín, con -9,2ºC; Xinzo de Limia, con -7,8ºC; e Leiro, con -6,8ºC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta