A Deputación de Lugo destina 64 operarios e 32 máquinas a manter en bo estado as vías con risco por xeada

Campos asegura que o dispositivo permitiu "garantir a circulación con seguridade en todas as vías lucenses"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2019 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A Deputación de Lugo despregou 64 operarios e 32 máquinas nas vías con máis posibilidade de acumulación de xeo, á vez que destacou que este martes están "abertas todas as estradas da rede viaria provincial no primeiro día de escola do ano".

As xeadas dos últimos días deixaron estampas coma esta. Europa Press - Arquivo
As xeadas dos últimos días deixaron estampas coma esta. Europa Press - Arquivo

Nun comunicado de prensa, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, informou este martes de que están abertas "todas as estradas da rede viaria" provincial, a "máis extensa do Estado", puntualiza, no que é o primeiro día de escola do ano. Neste sentido, Campos explicou que os labores preventivos que realiza o dispositivo de inverno da Deputación "garantiron a circulación con seguridade en todas as vías da provincia de Lugo".

Campos explicou que os 35 municipios "con maior risco de sufrir problemas" na rede de estradas provinciais, "non presentaron ningunha incidencia de gravidade e os alumnos de todos os concellos lucenses puideron asistir con total normalidade aos seus centros educativos". Trátase, matizou, da maior parte de concellos de alta montaña, Terra Chá ou Zona Sur.

Con todo, a institución provincial asegura que manterá activos os 64 operarios e 32 máquinas nas estradas con maior posibilidade de acumulación de xeo. Respecto diso, indica que se trata de labores de prevención para poder responder "con moita brevidade a calquera incidencia derivada das inclemencias meteorolóxicas que se poidan producir".

Entre as medidas preventivas que tomou, a Deputación de Lugo destaca que continúa coa repartición de sal nas vías co fin de "garantir que non se formen placas de xeo, evitando o uso doutro tipo de fundentes máis agresivos coas estradas e co medio ambiente".

OITO ZONAS

O dispositivo despregado pola Deputación atópase dividido en oito zonas da rede viaria provincial. Por cada unha delas hai 1 operarios e  oito vehículos -dúas máquinas quitaneves con cuña, dous tractores adaptados con saleiro e cuña, dúas pick up adaptadas con cuña e saleiro, e dous vehículos de apoio con medios mecánicos-.

"Isto significa que, en total, a Deputación ten 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia", sentencia a institución provincial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta