Denuncian que a Xunta obriga a ter un can que é incapaz de protexer o gando

Unións Agrarias cualifica de "talón sen fondos" a orde de axudas da Xunta contra os danos de fauna salvaxe

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) critica a orde de axudas do Goberno galego contra os danos de fauna salvaxe, xa que o define como un "talón sen fondos". O sindicato agrario censura que esta orde, publicada o 19 de decembro, "non foi consultada nin pactada co sector" e contempla cantidades "ridículas" ante a "gravidade" das desfeitas que sofren explotacións en comarcas como as de Bergantiños, Lugo e Deza.

Unha pastora escapa do lume co seu rabaño en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Unha pastora escapa do lume co seu rabaño en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Respecto diso, UU.AA. lamenta que só as granxas de Rodeiro e Dozón xa teñen danos superiores aos 300.000 euros que destina a Xunta para a prevención fronte a lobos e xabarís. Así mesmo, reprocha que "introduce un cambio non pactado" na tipoloxía de cans para a defensa do gando, de forma que nesta convocatoria esíxese a inscrición de cans adquiridos no libro xenealógico da raza, "o que na práctica obriga aos gandeiros á adquisición dun tipo de can de mostra, moi bo para exposición ou defensa estática, pero incapaz de acompañar ao gando no seu movemento ao monte".

Ademais, denuncia que esta a orde "adoece de serios erros" que "dificultarán enormemente" a chegada de axudas aos produtores galegos. A modo de exemplo pon que as subvencións para peches deben incluír "todos os permisos e autorizacións de obra" no momento de solicitude.

Finalmente, Unións Agrarias reclama a posta en marcha definitiva do fondo de corresponsabilidade que figura na lei de caza de Galicia, que leva máis de cinco anos de atraso, a cal "permitiría todas estas convocatorias e as de indemnización por danos, de forma que non sexan unicamente convocadas en ano electoral".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta