Voz, PP e a violencia familiar

Estabamos en pleno debate sobre a denominación da violencia exercida polos homes contra as mulleres...que se violencia de xenero, que se violencia machista...e apareceu a ultra-dereita para chamarlle violencia intrafamiliar. >pareceu a ultradereita para condicionar o léxico do Partido Popular que agora xoga coa denominación "violencia familiar".

Por Carlos González Armada | Vigo | 09/01/2019

Comparte esta noticia
A violencia de xenero é a exercida desde un xénero cara ao outro, a violencia machista a exercida desde os homes cara ás mulleres, e a familiar ou  intrafamiliar é, ou sería, a exercida dentro do seo familiar, por tanto se a loita é contra a violencia exercida polos homes contra as mulleres estaremos a falar inexcusablemente de violencia machista 
 
Os datos son inapelables, en España hai unha  violacion cada 4 horas, todas elas de homes a mulleres, e consultada a Fiscalía Xeral do Estado pódese apreciar que a porcentaxe de denuncias falsas por violencia machista é do 0,01%. Entre 2009 e 2016 as condenas por denuncias falsas foron 79, fronte ás 1.055.912 denuncias por violencia de xénero presentadas neses oito anos; as cifras non menten, os datos son  clarisimos, a conclusión contundente
 
O goberno destina 200 millóns dos 451.000.000.000 millóns dos orzamentos xerais do Estado á loita contra a violencia machista, o 0,0044% do orzamento. Por tanto se observamos con atención os datos e non as opinións temos que:
 
-0,01% de denuncias falsas de mulleres
-0,0044% de gasto público 
 
Ante os datos a realidade é que a lei contra a violencia de xenero non foi todo o eficaz que debese porque a  inversion é insuficiente, moi insuficiente, todo o contrario ao que din os da ultradereita, e respecto das denuncias falsas pódese apreciar que son unha excepción, polo que o que debemos facer é investir máis, e mellorar os procedementos, nunca eliminar unha lei completamente necesaria aínda que moi mellorable 
 
Se pasamos ao concepto social deberiamos entender que a lei debe ser equitativa e non igualitaria, nunca poderá ser xusta unha lei que busque igualar seres desiguais, a lei debe buscar ser o máis xusta posible, pero  inexcusablemte debe protexer ao débil, debe crear mecanismos de protección favorables a quen máis o necesita, aínda que isto supoña algún caso illado de inxustiza 
 
Máis de 45 mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas no ano 2018, 51 no 2017...en total desde o 1 de xaneiro 2003 cando se  comenzou a contabilizar van 972, por contra entre 2003 e 2018, morreron aproximadamente 130 homes a mans das suas ex- earejas mulleres, unha diferenza moi considerable, mais aínda se a extendemos as agresións físicas, e aínda muito máis se analizamos as cifras das violacións 
 
A machista ultradereita persegue o sometemento da muller como fixo en España en época de Franco, quérenas dóciles e  sumisas, prestas para lavar a roupa e atender os fillos, en casa e sen traballo, quérenas tal como defíneas a Igrexa machista e pederasta católica, "para exercer a súa función de procrear e coidar da descendencia", e ante tamaña aberración social que nos devolvería á prehistoria debemos dicir non, debemos dicir basta, debemos dicir..."querémolas libres e iguais"

Violencia de xénero
Violencia de xénero | Fonte: Getty Images.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial (Inxeñeiro e Criminólogo).Coordinador de Organización de Actua en Galiza, (xuntos actua), espazo político e de opinión, federalista, republicano e de esquerdas