Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/07/2011 | Actualizada ás 12:08
O editor da Voz de Galicia, Santiago Rey, acaba de publicar unha das súas famosas cartas, nas que deixa ver a liña editorial do medio máis lido no país. O empresario volve a cargar contra a clase política, á que acusa de cebar á burocracia e ignorar ás demandas dos cidadáns.
Na véspera do Día de Galicia, Santiago Rey publica só en castelán que "son los impuestos de los contribuyentes los que tienen que proveer los obesos presupuestos de un entramado de instituciones, organismos y entes públicos que se pisan las competencias y apenas aportan más que laberíntica burocracia, lentitud y dificultad".
Entre os suspostos malgastos públicos Rey, dono de V Televisión, cita ás televisións públicas autonómicas e o "millar de diputados en nómina en diecisiete Parlamentos o Cortes regionales".
O editor argumenta que nestes anos a administración gastou demasiados cartos inutilmente.
La Voz de Galicia é unha das empresas que máis diñeiro público recibiu da Xunta recentemente. Por exemplo, o Goberno pagoulle en 2010 2,2 millóns para mercar a súa nova rotativa.
O CSIF, un sindicato próximo á dereita, calculou en marzo do ano pasado que La Voz recibira 22.500 euros por día dende que o PPdeG retomara o poder en San Caetano.
Rey, ao igual que o PP, reclama un adianto electoral para remediar a situación económica, que cualifica de "agonía".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.