Situación 1: Anxo Quintana, algo despistadiño, sóbese ao iate dun empresario da competencia. SRF Latorre quítalle unhas fotos e, despois de telas conxeladas na gaveta durante un par de anos, publícaas moi estratexicamente durante a campaña electoral. Parte da base electoral do BNG (tamén algo despistadiña, perdón) reacciona negativamente e, ante esta e outras meteduras de pata, queda na casa o día das eleccións. O BNG perde deputados pola Coruña e o bipartito é desbancado.
Situación 2: Mariano Rajoy sóbese a un iate dun narcotraficante para pagarlle un favor. SRF Latorre mira para outro lado, non vaia ser que os políticos que tanto diñeiro malgastan lle recurten as subvencións. José Luis Gómez (Xornal) tíralle unhas fotos a Rajoy dentro do iate e ten a nefasta idea de publicalas. Mariano Rajoy, a través de Feijóo e do teléfono directo, desbanca dun plumazo ao director do Xornal. Gómez cobra uns cartiños e marcha baixando as orellas.
So alguén que pense que o pobo galego é imbécil pode facer esa análise. Os comunistas, sempre preocupados pola propaganda, crendo que a sociedade é analfabeta e se lle pode colar calquera cousa ao mellor cren que as fotos influiron. O bipartito perdeu, como sabe todo o mundo, porque a xente tivo a sensación de que non fixeron nada. Ou que facían cousas que non servían para nada. O caso paradigmático foi vender a bombo e pratillo o cambio do nome do hospital Juan Canalejo por CHUAC, que non lle importaba a ninguén. O que si lle importaba á xente é que ao mesmo tempo incremetábanse as listas de espera sen que o goberno fixera nada.
Moi ben argumentado e exposto Cronista. Sintético e aclarador resume do que se move neste país. A pastelada de Santiago Rey é para consumo interno, pouco creible e coas filias de costume. Agora fala de clase política, pero ten bo coidado de non falar dos resultatos de dous anos máis de goberno popularra. Por el interés que quiero Andrés. Só faltan as loubanzas de B.V. a Santiago Rey, que nos virán a dicir que descobriu un maná de sabiduría, cando neste caso, para dicir obviedades ben se puido estar calado.
"So alguén que pense que o pobo galego é imbécil pode facer esa análise."
Pues sí, yo lo pienso, ya ve usted. No me cabe la menor duda de que la mayor parte de este pueblo es boba de remate. Es lo que hay.
En este mundo traidor /
nada es verdad y nada es mentira. /
Todo es según el color /
que le pone La Voz de Galicia.
"No me cabe la menor duda de que la mayor parte de este pueblo es boba de remate". Me temo que nuestra sociedad es y prefiere a gente más tolerante. En cualquier caso es ajo y agua, así que lo lamento por la parte que te toca.
Non, Manoliño. O bipartito perdeu por facer as cousas mal, aínda que o malo do bipartito sempre é melhor que o que fagan os franquistas do PP. E perdeu o bipartito tamén pola tendencia dos galegos a votar "polos de sempre", e como xa non se presentaba o velho de Fraga, que xa o consideraban pasado de rosca para gobernar, despois de teren votado por el tantas veces sen o menor pudor (¿votarían en Alemanha por un exministro de Hitler ou en Italia por un de Mussolini?), como agora se presentaba un home novo como Feijoo, volveron votar polos de sempre.
Non dá para máis a cousa, a eses niveis nos movemos. Das tres clásicas nacionalidades minoritarias, nós somos os únicos que lhes damos cancha aos franquistas reciclados, demostrando así o noso subdesenrolo, non só económico comparado con Euskadi e Catalunha, senón tamén mental (un_a cousa vai coa outra). Mais, claro, o bipartito foi lamentable tanto en política social, propia da esquerda, como na cuestión nacional, cagándose na lingua malia moito blablablá con iso da "normalización lingüística". A TVG daba pena, igual que agora.
Penso que o goberno bipartito algo fixo, pero ou ben non o soubo publicitar, ou publicitaron e deron énfase a temas que non lle interesan a ninguén ou nos que a opinión pública non coincide coa opinión publicada en xornais da suposta esquerda. Digo suposta esquerda porque todo o mundo sabe que xa non o son, non van á revolución, a acabar coa propiedade privada, a poñer en mans dos traballadores os medios de producción, etc. Para afirmarse como supostos esquerdistas, empregan campañas de imaxe como a memoria histórica, o republicanismo, o anticlericalismo, porque XA NON SON ESQUERDISTAS NO SUSTANCIAL. É un enganabobos como outro calquera. Que o Franquismo non ten nada que ver co fascismo italiano ou co nazismo está claro precisamente no que dis: un ministro de Franco foi presidente da Xunta, e seguramente o mellor que houbo.
Manoliño, que o franquismo tivo moito que ver co fascismo italiano e co nazismo alemán non hai a menor dúbida. Naceu na mesma época, apoiado por eles, apoiounos logo na segunda guerra mundial ata que Franco viu que ían perder e puxo en Espanha un réxime similar, aínda que, claro está, en cada sitio coas súas particularidades, pero a Falanxe era a Falanxe, un_a organización inspirada e simpatizante coas organizacións similares en Italia e Alemanha. Fraga, ese "gran presidente" de Galiza, tivo moito que ver coa represión franquista e foi defensor activo da dictadura mentres foi ministro. ¿Por que en Alemanha e Italia non houbo políticos en activo que fosen ministros das súas respectivas dictaduras e en Espanha si? Pois moi sinxelo, porque naqueles países houbo un_a auténtica ruptura co pasado nazi-fascista, esixíndose ademais responsabilidades, mentres en Espanha nada de nada.
O problema (para vos) está nos números, que sempre cantan e deixan en evidencia as mensaxes melodramáticas sobre unha represión terrible. O nazismo ocasionou 20 millóns de mortos, moi lonxe por certo dos CEN milóns, CEN, que ocasionou o comunismo, do que nunca se di que debía estar prohibido. Se empregamos as cifras, resulta que a represión na Coruña, que se pinta tan terrible foi de 233 individuos, nunha cidade de 81.000 habitantes cuns 25.000 obreiros, o que supón o 0.29% da poboación. Como resulta que o franquismo non perseguiu a minorías étnicas (aquí na Coruña mataron a tres xitanos socialistas, represión coa que se fantaseou o que puideron), resulta que comparades auga con aceite polo mero feito de ser líquidos.
Hai pouco dixo Preston que as desculpas de Carrillo sobre Paracullos eran infantís. Como empregades o embudo, os da memoria histórica sempre citades a Fraga, cando Carrillo é susceptible en caso de derogarse a lei de Amnistía, de ser investigado polas mortes e desaparicións forzadas ocorridas en Madrid mentres foi conselleiro de Orde Pública. E por certo, Carrillo nunca tivo un apoio maioritario do pobo. Fraga si. Vos sempre gañades cando anulades ao contrincante político, até que o contrincante vos para os pes como llos parou a media España que non se resignaba a morrer á Fronte Popular.
Manoliño de Mesia. Un cancro dentro do BNG e un troll anti-BNG nos medios de comunicación. Autonomista e independentista aseghún, pois en Catalunya vai debaixo de pancartas que rezan "independencia e socialismo" pero aquí no país esíxelle ós compañeiros do BNG que usen a bandeira da xunta. Co discurso ben aprendido: "Los comunistas me odian, me persiguen, por que soy muy importante, soy.. Manolo Bello y no tengo carné comunista!!!!"
Igual os problemas do nacionalismo galego, e en concreto os do BNG, veñen por xente deste tipo.
E dígoo desde fóra. Eu milito en CG.