As tesoiras do editor de La Voz

Santiago Rey, que recibiu importantes subvencións nos últimos anos, acusa aos políticos de malgastar o diñeiro público.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/07/2011 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O editor da Voz de Galicia, Santiago Rey, acaba de publicar unha das súas famosas cartas, nas que deixa ver a liña editorial do medio máis lido no país. O empresario volve a cargar contra a clase política, á que acusa de cebar á burocracia e ignorar ás demandas dos cidadáns.

None

Na véspera do Día de Galicia, Santiago Rey publica só en castelán que "son los impuestos de los contribuyentes los que tienen que proveer los obesos presupuestos de un entramado de instituciones, organismos y entes públicos que se pisan las competencias y apenas aportan más que laberíntica burocracia, lentitud y dificultad".

Entre os suspostos malgastos públicos Rey, dono de V Televisión, cita ás televisións públicas autonómicas e o "millar de diputados en nómina en diecisiete Parlamentos o Cortes regionales".

O editor argumenta que nestes anos a administración gastou demasiados cartos inutilmente.

La Voz de Galicia é unha das empresas que máis diñeiro público recibiu da Xunta recentemente. Por exemplo, o Goberno pagoulle en 2010 2,2 millóns para mercar a súa nova rotativa.

O CSIF, un sindicato próximo á dereita, calculou en marzo do ano pasado que La Voz recibira 22.500 euros por día dende que o PPdeG retomara o poder en San Caetano.

Rey, ao igual que o PP, reclama un adianto electoral para remediar a situación económica, que cualifica de "agonía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

3 Roel

Grima, lengua de serpiente. Asesor por interés, diría: Mil diputados en 17 parlamentos autonómicos, malo malísimo. Pero si dun destes poderes rexionais un Rei coa capital en Rohan Compostela (lembrar que Rohan significa no vocabulario Tolkiano "as cortes parlamentarias", estamos a falar do "Folde Oeste", pois o que cómpre para Grima é chuchar todo o posible dese poder. Grima, que tan se lle ven os seus intereses...

2 con de nor

SEMPRE PENSA O LADRON ,QUE SON TODOS DA SUA CONDISION , teñen rason os indignados , non hay pan para tanto chouriso ,

1 Alfonso García

Un tipo que regala Audis por se lle mercas o periódico, ou che vende un xogo de tixolas con cupóns. Si, un empresario ao "dereito", coas mellores plumas de ultradereita do país... Pero quen lle fai caso?

1 Bonburen

Pois parece que ti si lle fas caso, polo menos les escribes de cada cosa que pensa...

2 bate papo

a Coz, finará coma "el mundo", se non os regalan, ninguen gasta un centavo neses libelos ...