A Xunta pide "preocupación real" do Goberno sobre a ría de Pontevedra

Respóndelle así a Losada, quen declarou recentemente que o traballo de Sánchez contribuía ao impulso da cidade pontevedresa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2019 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia respondeu ao delegado do Goberno, Javier Losada, afirmando que pediu ao Executivo central de que se implique" se "ten unha preocupación real" pola ría de Pontevedra.

A ría de Pontevedra, coa fábrica de Ence. EUROPA PRESS - Archivo
A ría de Pontevedra, coa fábrica de Ence. EUROPA PRESS - Archivo

Deste xeito, demandou a todas as administracións que demostren "responsabilidade" para afrontar o saneamento da ría de Pontevedra e garantir a boa calidade das augas.

O Goberno galego sinalou a necesidade de comezar con "urxencia" as actuacións planificadas para sanear a ría, e recordou que as súas augas se atopan en serio risco polas deficiencias do sistema de saneamento".

Desta forma, a través dun comunicado de prensa, a Xunta replicou a Losada, ao que recordou que o Executivo autonómico nos últimos anos "traballou intensamente na realización dun estudo en profundidade da ría". Ademais, definiu como "lamentable" o feito de que Losada "descoñeza a existencia dese traballo inxente".

Nesta liña, recordou que o estudo se iniciou en 2015 e que "identificaba os problemas e propuña solucións recollidas no plan de saneamento", ademais de sinalar "as deficiencias na rede de saneamento, de competencia municipal".

Por iso, a Xunta destacou que "é preciso que os concellos solucionen esas deficiencias e carencias", e fixo fincapé en que Augas de Galicia "está a traballar para acometer as actuacións da súa responsabilidade", que comezarán "coa construción dun novo emisario submariño e a reforma da actual depuradora de Praceres".

Para rematar, o Goberno galego dirixiuse ao estatal para instarlle a que "se ten unha preocupación real pola ría, que se implique directamente no asunto", e insistiu en que "a necesidade de sanear a ría é urxente" e que, polo tanto, "debería preocupar ao Goberno central e aos seus representantes na comunidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta