Os biólogos galegos piden control á Xunta sobre a caza de raposos

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia envía unha carta á directora xeral de Patrimonio Natural.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/01/2019 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia súmase aos chamamentos á Xunta para controlar a caza masiva de raposos no país, ante o Campionato provincial de caza desta fin de semana en Cerdedo-Cotobade.

Raposo.
Raposo.

Os biólogos enviaron á directora xeral de Patrimonio Natural, Belén María do Campo Piñeiro, unha carta na que lle preguntan pola existencia dun informe previo que avalíe a realización dun evento semellante, é dicir, un documento no que se teña estudado a poboación de raposo (densidades, alimentación, capturas por coto, épocas de reprodución...) dentro do terreo afectado pola actuación.

Tamén se lle pide que adopte todas as medidas necesarias humanas e materiais para controlar, vixiar e supervisar o desenvolvemento do certame cara a súa elemental sostibilidade.

Por último, piden que se realicen estudos aplicados que permitan dispoñer de información básica que permita unha xestión intelixente, eficaz e sostible dos recursos cinexéticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta