Verín, o conxelador de Galicia: 8 graos baixo cero

Xeadas xeneralizadas no interior do país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2019 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Galicia volveu a rexistrar unha noite fría con xeadas xeneralizadas no interior, onde os termómetros chegaron a marcar até 8 graos baixo cero, en concreto en Verín (Ourense).

Fonte da Praza da Merced de Verín conxelada polo frío
Fonte da Praza da Merced de Verín conxelada polo frío | Fonte: BNG.

Tamén na provincia ourensá, en Baltar, as mínimas chegaron a 6 graos baixo cero, e a 5 baixo cero estiveron na Serra do Invernadoiro, de acordo cos datos de Meteogalicia.

Este sábado Meteogalicia espera que a masa de aire frío comece a retirarse e nos próximos días as temperaturas irán ascendendo, de acordo coa súa predición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta