Pontevedra terá este sábado aviso amarelo por choivas que deixarán máis de 40 l/m2 en 12 horas

Estarán afectadas, principalmente, as zonas do interior da provincia e o Baixo Miño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Parte da provincia de Pontevedra terá este sábado, 19 de xaneiro, aviso amarelo por choivas que deixarán máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Un dos cen primeiros días do ano con choiva en Santiago de Compostela. Europa Press - Arquivo
Un dos cen primeiros días do ano con choiva en Santiago de Compostela. Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, unha fronte moi activa deixará choivas, que serán máis cuantiosas no interior da provincia de Pontevedra e no Baixo Miño.

Así, entre as 3,00 e as 18,00 horas deste sábado o aviso será amarelo en ambas as zonas por choivas que poden acumular máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta