Unha colisión e unha saída de vía deixan cinco feridos na provincia da Coruña

No concello de Aranga, unha muller e unha menor tiveron que ser trasladadas tras un choque de dous turismos. En Carnota, houbo que desprazar outras tres persoas ata o hospital ao botarse da estrada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Unha colisión entres dous turismos no municipio coruñés de Aranga e unha saída de vía no concello de Carnota na provincia da Coruña provocaron un total de cinco feridos.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Tal como informou o servizo de urxencias 112 Galicia, unha colisión entre dous turismos, que circulaban pola A-6 en sentido A Coruña, ao seu paso pola localidade de Aranga, saldouse cunha muller e unha menor feridas.

Segundo puido saber o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, a través da información comunicada en diversas chamadas de particulares minutos antes das 19,00 horas do sábado, as persoas implicadas no sinistro poderían estar feridas e un dos vehículos quedaría atravesado na vía.

O 112 Galicia informou os servizos de urxencias sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Betanzos, ao GES de Curtis, así como ao servizo de mantemento da vía. Unha vez alí, os bombeiros confirmaron o traslado da muller e a nena ao centro hospitalario. Ademais, informaron de que un dos carrís tivo que ser parcialmente cortado mentres se levaba a cabo a limpeza da estrada co fin de eliminar os restos do accidente e garantir a seguridade na vía.

Pola súa banda, a raíz do outro accidente (en Carnota), tres persoas foron trasladadas ao Hospital de Cee polos servizos sanitarios de urxencia tras sufrir unha saída de vía no coche no que viaxaban.

Segundo o servizo de urxencias, que tivo constancia dos feitos ao redor das 23,45 horas, o automóbil circulaba pola AC-550. Ademais dos servizos sanitarios, interviñeron o GES de Muros, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o servizo de mantemento da estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta