Existen realmente razóns que avalen o control do raposo mediante a caza?

A responsable de Medio Ambiente do PSdG solicitou que se paralicen as subvencións a estes campionatos, "polo menos ata dispor de datos" sobre a situación do animal. Lembrou que a Sociedade Galega de Historia Natural dubida de que haxa prexuízos derivados da presenza deste mamífero, polo que Vilán cre que o único que agochan estes torneos é un "interese meramente lúdico-festivo"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A polémica das competicións de caza de raposo trascendeu as asociacións animalistas e volve estar ás portas do Parlamento galego, desta volta da man do PSdG. A portavoz de Medio Ambiente do citado partido, Patricia Vilán, reclamou este domingo á Xunta que paralice as subvencións a calquera novo campionato de caza de raposos, "polo menos ata dispor de datos sobre a situación deste animal".

Animalistas contra os campionatos de caza de raposo na protesta do sábado pasado. LIBERA
Animalistas contra os campionatos de caza de raposo na protesta do sábado pasado. LIBERA

Tal como sinalou o Partido Socialista galego nun comunicado, a responsable de Medio Ambiente presentou unha proposición non de lei na que reclama ao Goberno da comunidade un informe sobre a poboación de raposos e os "supostos prexuízos que avalen o seu control".

A deputada socialista lembrou que o artigo 72 da lei 13/2013 autoriza a caza deste animal co fin de "protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente os recursos cinexéticos", finalidade que, a xuízo de Vilán, non parece cumprirse coa caza de raposos. "Aparenta ter un interese meramente lúdico-festivo", di ao respecto dos motivacións tras estes torneos.

Segundo Vilán, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) puxo en dúbida a existencia de datos que avalen a densidade e a tendencia das poboacións destes animais, así como os prexuízos derivados da súa presenza que apoien o control da poboación.

Así mesmo, segundo o PSdeG, a SGHN destacou a importancia desta especie no aspecto sanitario, xa que eliminan pequenos roedores prexudiciais para o ser humano, así como no equilibro ecolóxico, ao desfacerse de restos de animais mortos.

Vilán recordou que a propia Xunta, a través do grupo Popular, votou a favor dunha proposición non de lei para non subvencionar esta actividade, "non apoiala, nin participar na súa promoción e desenvolvemento". A proposta definía este tipo de torneos como unha "inxustificada competición de morte de fauna silvestre".

Os socialistas darán traslado desta petición ao Parlamento de Galicia a través da presentación dunha Proposición non de Lei para o seu debate na cámara galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

O problema, xa que logo, é que hai ( en Galicia, e fora dela ) uns cantos ¿ centos, milleiros? de individuos que precisan matar os bichos que sexan. O caso e darlle emprego a toda a ferramenta que teñen. O caso é matar. O de menos é os bichos que sexan. Calquer cousa menos que aborrezcan.

2 José

O raposo non é parvo. Ao contrario. Se pode levarte un año, lévao. E se da coa mina das galiñas, non para ata levar todas. É-che así. Ten poucos enemigos, o lobo, a águia real.., especies que non están repartidas por todo o territorio nen son abundantes como para controlar a poboación do raposo. Así que, como a caza menor de perdiz e coello foi ao tacho, aos escopeteiros deulle polo raposo con tal de tirar a algo que se mova. E ademáis colócaos na pirámide ecolóxica, onde se senten satisfeitos. O dos campionatos xa non ten sentido e é un ridículo e un atentado se mire como se mire.

1 anonimo

Non sei qué interés " lúdico - festivo" vai ter matar estes probes bichos. ¿ Ula a gracia de toda esta salvaxada sanguenta ? ¿ Seica hai xente que non evolucionou desde o neolítico ?