Traballadores escravos nunha contrata de Zara

Proletarios que facían roupa para Zara en Brasil, a maioría bolivianos, foron sometidos a condicións insalubres e carecían de contrato. Esta é a denuncia que a firma de Amancio Ortega afronta neste intres diante da opinión pública suramericana e que se está a espallar como o lume pola Rede.

Por Galicia Confidencial | Sao Paolo | 18/08/2011 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

As investigacións comezaron en maio en Americana, unha cidade situada a 130 quilómetros Sao Paulo. A Fiscalía atopou 52 cidadáns bolivianos que traballaban en condicións insalubres e que non foran rexistrados formalmente.

Durante a investigación, foron atopadas "pezas de Zara, que confiscamos", destacou o portavoz e precisou que Zara contrataba os servizos da empresa brasileira Rhodes, que á súa vez "subcontrataba con varias oficinas clandestinas ou en condicións precarias".

No lugar "traballaban 14 horas por día en media, porque gañan por produción, nun ambiente degradante, con cables (de enerxía) expostos, moito calor e moita xente" nun espazo reducido, afirmou o portavoz. E vivían no piso superior do lugar, en condicións de hixiene precarias.

As autoridades atoparon outras dúas oficinas que confeccionaban pezas para Zara en Sao Paulo.

A ONG Reporter Brasil informou o mércores de que unhas 15 persoas foron detectadas polos servizos laborais e sacadas desas instalacións.

A empresa española Inditex, dona da marca Zara, recoñeceu as irregularidades o mércores nun comunicado que a prensa brasileira divulgou amplamente. Inditex sinala que esixiu ao "provedor responsable pola tercerización non autorizada que regularice a situación inmediatamente" e informou de que traballa nese sentido.

Segundo o portavoz, o ministerio do Traballo xa aplicou 52 multas a Zara por irregularidades laborais. A fiscalía estuda se demandará á marca "por contratación de man de obra escrava" e se a incluirá na lista "sucia" de empresas que explotan man de obra.

A popular marca española está presente en 78 países, nos que dispón de 5.154 locais.

None

Desde Inditex aseguran que non coñecían esta grave situación e sosteñen que "este feito supón unha grave infracción do código de conduta de fabricantes externos da compañía, que o fabricante debía seguir por contrato". Ademais, desde a empresa de Amancio Ortega xa tomaron medidas contra o provedor, que "asumiu a totalidade das compensacións económicas aos traballadores que establece a lei brasileira e o código de conduta de Inditex".

Mediante un comunicado, a dona de Zara asegura tamén que corrixirá as condicións laborais da subcontrata para que está ao mesmo nivel que as instalacións auditadas e aprobadas polos inspectores do grupo Inditex.

O Ministerio de Traballo brasileiro, que abriu unha investigación para tratar a fondo esta infracción, contradi a versión da xigante téxtil, pois constatan, segundo manifestacións que cita a axencia alemá DPA, que "a empresa AHA funciona como unha extensión lóxica do seu cliente principal no país, Zara Brasil Limitada. A empresa é responsable dos traballadores que producen para ela".

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

7 Antón

O seu exito? explotación, explotación e explotación con algunha prevaricación. Cando pasaron de Meicende a Sabón, xa pegaron un pelotazo na expropiación de terras aos propietarios, logo montaron un eólico sen autorización que logo autorizaron. Tiñan infinidade de talheres pola terra cosendo sin ningún dereito para os explotados trabalhadords, chineses en en Santiago vivindo na escravitude, sistemas de competición ilegais entre trabalhadores, logo pasaron a maior parte da sua producción a Portugal, logo a Marrocos, logo a Asia, según atopaban centros de producción mais rentables a base de menos custes. Unha vez un dos executivos relatoume que tinhan un buque factoria trabalhando en augas internacionais no sudeste asiatico pra non pagar aranceis. O noxento e que a escravitude non sexa noticia polo habitual no capitalismo. O noxento é que diante da nova uns frikis discutan do sexo dos anxos (non sei se Quintanas) via esclavitude ou escravitude.

1 xan soares

Antón, Inditex é unha das contadas multinacionais mundiais que mantén o 40% do seu plantel no seu país de orixe. Falcatruadas seguro que teñen feito, pero na miña opinión é unha das empresas máis respetables do panorama actual. Ten en conta que este home empezou dobrando camisas. Ninguén o colocou a dedo nun consello de dirección como fan os políticos e ricachóns de familia en empresas tipo telefónica. É un luxo para Galicia. Saúdos.

2 Antón

Empezou roubandolle as ideas e os clientes a empresa pra quen trabalhaba con batas a 20 pesos. Trabalhei 20 anos na empresa e coñezo en persoa ao persoaxe, quen por certo deciase na fundación que rexenta e que está tamén en Sabón, que contribuia con menos o fisco que calquer dos seus trabalhadores. Podiache falar moito do persoaxe e o seu trato os colaboradores intimos e trabalhadores en xeral, mais en fin..non é milhor nin peor que o resto de oligarcas, só é igoal, iso si, moi campenchano e pouco fachendoso. Por certo a dia de hoxe Inditex só ten entre un 10 e un 20% do seu persaoal en Galiza. Saúdos, saúde e socialismo

6 galegoexiliado

Pois na Galiza non sei si haberá de eso, o que si hai son moitas costureiras que ademais de poñer o local de trabalo, a máquina de coser e en moitos casos mercar fios e telas, traballan dia e noite moitas veces acaban sin cobrar, e de eso coido que saben moito aló pola Costa da Morte, Lalín, Ourense, Verín.... pero eso a ninguén semella preocuparlle, o importante e facerlle as beiras e rirlle as gracias aos novos ricos do textil.

5 observador

http://www.youtube.com/watch?v=yUxY... O orixinalísimo grupo galego Quempallou ten un tema folc protesta sobre este tema. Aproveito a coxuntura para meter unha cuñiña coa ligazón. E se vos gusta, pois a ir a concertos e a mercar música galega e menos enredar pola interné.

4 Nonsepodedicir

Eu sei que hoxe en dia hai escravos na Galiza traballando 14 horas diarias. E sin vacacions. Seguide votando ao PP.

1 Gamela

Pois farías ben en dirixirte a http://twitter.com/#!/MiniLeaks @MiniLeaks e facer a denuncia con tódolos datos posibles! É o mellor que podemos facer! DENUNCIAR!

3 Lucense

Por favor, ESCRAVOS, nom palavras espanholas como"esclavos". Quanto ao resto, é curiosa a obsessom dos amos, dos que tenhem o poder realmente, por apresentar a um senhor nascido em Busdongo -LEÓN, como exemplo de empresário galego. É injusto falar de escravitude, pois um escravo era mercadoria cara que em certa maneira o dono devia evitar estragar. Agora nem isso.

1 Gamela

Vexo que temos moito filólogo en paro! Escravos sí, e todo o demáis que tí escreves ¿quen cho vai corrixir, a RAG?

2 Lucense

"Paro" é castelhanismo: o correcto é DESEMPREGO. Filólogos da Filologia ou da FiloloXÍa? És um badoco sem remédio. A RAG é uma instituiçom privada que suga dinheiro público para manter a ficçom de um galego de laboratório e completamente castelhanizado. Nom é critério de autoridade, como aliás nom o é nenguma instituiçom com esse nome (ACADEMIA), refugalho da concepçom do saber decimonónico na qual uns iniciados decidem o que é correcto e o que nom o é. Vai-te à fava!

3 Gamela

Pois logo iremos ao grao! Se algúns "iluminatti" queredes facer a vosa cruzada polo portugués penso que xa hai tempo tíñades oportunidades sobradas para impartir nos Institutos coma segunda lingua "estranxeira" o Portugués! Mais vir a dárvolas de "auténticos" nestas alturas xa é algo que lonxe de achegar esforzos o único que fai é distorsionar a comunicaçom dos lectores! Non comprenderei nunca como algúns simpáticos (Celso) dende a Universidade da Coruña poden PONTIFICAR con tanto éxito uma lingua que só eles practican e só eles entenden! O esforzo é loable, máis é só iso, un esforzo inútil! Alá vós! E conste que estou dacordo co xuízo que fas sobre a RAG : iniciados que deciden que é correcto e que non o é... así están sempre facendo DICCIONARIOS que xa ninguén consulta pois é de loucos andar sempre a mudar as grafías do idioma! Pero xa está ben de "explotar o negocio" da Torre de Babel!

4 Lucense

Nom tens a mínima ideia do que significa a palavra "pontífice". Cruzada polo português? Dar-no-las de autênticos? distorcer a comunicaçom? Meu amigo, cuidado com passar tantas horas na taberna que os miolos se empapam de álcool e logo já sabes: amigos da taberna, amigos da m*rda.

5 Gamela

Na taberna é onde se crían as diferenzas que logo se levan ás rúas e aos centros de ensino... iso é o problema que non damos saído da tasca!

6 Lucense

É melhor que te retires a um mosteiro e reflictas, a ver se recebes alguma iluminaçom diferente da que vem do colonialismo cultural espanhol que pretende enganar-nos e manipular-nos para melhor exterminar a nossa Língua.

7 Jos

Lucense, a respeito das Academias: - as Academias, Comissons, Institutos etc. decimonónicas vigoram plenamente no século XXI em todas as línguas nacionais da Europa. - Vigoram não só nas línguas se não em quase qualquer cousa, com outros nomes. Determinando inúmeros aspectos da nossa vida, desde a determinação das letras que figura no teu teclado, ao tamanho das folhas de papel, ou as pilhas do controlo remoto do televisor. - A estandarização da língua, como ferramenta ou tecnologia, contribui para elevar a sua utilidade e nunca foi um processo decidido por uma coletividade após um debate e posterior catarse, senão por peritos na matéria acompanhados do pertinente poder político ou adesão civil.

8 jos

- Tu não decidiste escrever assim. Decidiram outros (uns iniciados, nas tuas palavras), e tu aderiste. Assim funcionam as cousas, nas línguas nacionais e nas normas UNE, ISO, etc. De não ser partidário do modelo, pode-se manifestar, no plano ortográfico, com uma escrita ad-hoc, perfeitamente pessoal e se se quer, selvagem e até moderna (em contraposição a "decimonónica"). Saudações.

9 Lucense

Por exemplo a ACADEMIA DE HISTÓRIA ESPANHOLA? Também devemos seguir as suas determinações, normas, orientações, etc?