Novos casos de traballo escravo para Zara no Brasil

Os principais xornais galegos están a censurar a noticia, pero o certo é que Zara está sufrindo arestora unha das súas maiores crises de imaxe a nivel global.

Por Galicia Confidencial | Sabón | 20/08/2011 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Importantes medios internacionais como a BBC ou Telesur e a práctica totalidade dos xornais estatais xa recolleron como o Goberno brasileiro detectou 15 traballadores en condicións similares á esclavitude nun taller en Sao Paolo.

None

Agora o escándalo aumenta de dimensión. Segundo o Ministerio de Traballo do Brasil detectáronse as mesmas irregularidades en até 33 talleres subcontratados para Zara. O diario O Globo, un dos máis importantes do brasil, cita fontes oficiais para denunciar as condicións insalubres de traballos e os salarios paupérrimos dos inmigrantes ilegais. 

No caso dos últimos 15 traballadores "liberados", tiñan xornadas de até 16 horas, entraran no Brasil grazas a mafias de inmigración ás que lle debían pagar parte do seu mísero salario, entre 90 e 130 euros ao mes. Traballaban a penas sen espezo nun taller-vivenda sen as condicións mínimas de salubridade. 

A empresa da que dependían chámase AHA. Inditex admitiu que é unha das súas provedoras no Brasil, como tamén proban as etiquetas atopadas nos talleres. 

Agora ben, a firma baseada en Sabón teima en que non ten responsabilidade, pois sería AHA a responsábel de cumprir o código de conducta que Inditex di obrigar a asinar a todos os seus provedores. No aire queda a cuestión se a empresa que dirixe Pablo Isla vixía que o contrato non é un simple papel mollado. 

None

O Globo apunta que en maio liberáronse no Brasil outros 52 operarios en condicións de semi-esclavitude. A maioría deles tamén cosía para Zara, neste caso na cidade de Americana. 

Zara aínda non emitiu ningunha nota oficial sobre o caso. A maioría dos medios galegos gardaron silencio sobre o escándalo que afecta a unha compañía que gasta importantes cantidades en publicidade en tempo de rebaixas. 

Inditex asegurou extraoficialmente que está a colaborar co Estado brasileiro para "evitar que casos como o de Sao Paolo volvan a se producir". Zara tamén asegura que o provedor pagará compensacións aos inmigrantes, na súa maioría bolivianos e peruanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 galeguista converso

Tempos atrás xa se falou da explotacion se Zara aos seus proveedores. Claro que non son responsables xudicialmente. Diso xa se encargan os eu abogados; pero moralmente é unha vergoña e unha indecencia que empresas que presumen da súa conta de beneficios se aproveite da miseria humana. Intolerable. Debiamos facer un boicot aos seu productos.

2 Lucense

http://noticias.r7.com/blogs/hildeg... Consumo consciente ou conivente, como di o encabeçamento? Eis a questom, e nom só com ZARA evidentemente.

1 Kiko

Agora xa é público (e notorio) porque os prezos da súa roupo son o que son!!

1 Carrumeiro

É de supoñer que o culpable desta situación sexa o goberno do Brasil, non si?