Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 19:28
O Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa do PSdeG na que se insta a Xunta a realizar un diagnóstico sobre o impacto do 'Brexit' nas pemes galegas, á vez que se demanda que se informe sobre as medidas e plans de continxencia en función do sector ao que pertenzan.
Así mesmo, a Cámara pide liñas específicas de colaboración co Goberno de España á hora de desenvolver estas iniciativas.
Neste sentido, o deputado socialista Abel Losada denuncia que o Goberno galego deixa desatendidos a amplos sectores da economía galega que necesitan de apoio ante este novo escenario.
Sobre este extremo, subliña que as exportacións galegas teñen no Reino Unido o seu cuarto mercado máis importante, mentres que recentes estudos alertan dunha "caída do 0,04% do PIB galego" por este motivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.